Volve STORYTELLING AT THE LIBRARY !! Comezamos o 2 de febreiro.
O día 2 de febreiro comezan de novo as proxeccións en inglés para quen queira mellorar ou aprender este idioma. O horario será de 17:15 a 17:45 h . na zona delimitada para o proxector e as merendas. Un ano máis, o Equipo da Sección Bilingüe colabora co Equipo de Biblioteca para levar a cabo esta actividade tan interesante e educativa. Moitas grazas a todos e a todas por participar e por ter esta iniciativa. Podes tomar a merenda mentres gozas da proxección pero lembra deixar todo recollido e limpo. Tedes os contenedores para o lixo. Vémonos !!