Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia A continuación copiamos unha entrada da página de Bibliotecas Escolares de Galicia con motivo das vindeiras Xornadas. Ao final da entrada tedes un pre-programa o se algún/ha profesor/a se anima, tedes ao final da entrada o enlace para poder inscribiros na actividade. "Os vindeiros 1 e 2 de decembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as VIII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, a cita anual do grande colectivo de profesorado que pon en pé as bibliotecas nos centros educativos, vinculado a temas de lectura e de educación para as competencias en medios e información, atento á complexidade social na que medra o alumnado, sensible á necesidade de acadar maiores cotas de igualdade... preocupado e ocupado, en definitiva, nalgúns dos grandes retos do mundo educativo actual. Fiadas co lema das bibliotecas escolares para este curso 2017/2018, Aprender a pensar coa bibliotec...