TRIVIAL MUSICAL - Concerto 9 de novembro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 9 de novembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 6 de novembro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
Enumera alomenos 5 instrumentos orquetrais

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Cal dos compositores do programa que escoitarás no concerto pertence ao Clasicismo?
 
¡¡¡Moita sorte!!!
 Novembro                                                                                                  
Data: xoves 9 de novembro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Director: Eliahu Inbal
Piano: Varvara Nepomnyashchaya
 
Programa:
Devorák (1841 - 1904 ): Sinfonía número 9 "Do novo mundo"
Mozart (1756 - 1791): Concerto para piano número 27
Stravinsky (1882 - 1971) : Petite suite número 2

 

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS