25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Case 1 de cada 3 mulleres sufriu abusos ao longo da súa vida. En tempos de crise as cifras aumentan, como se viu durante a pandemia da COVID-19 e as recentes crises humanitarias, conflitos e catástrofes climáticas. Un novo informe de ONU Mulleres, baseado en datos de 13 países desde a pandemia, mostra que 2 de cada 3 mulleres sufriron algún tipo de violencia ou coñecían a unha muller que a sufriu. Desafortunadamente, só 1 de cada 10 dixo que acudiría á policía para pedir axuda. Á súa vez, concluíuse que estas mulleres teñen máis probabilidades de enfrontarse á pobreza e á escaseza de alimentos

Aínda que a violencia de xénero está xeneralizada, pódese e debe previrse. Parar esta violencia comeza con crer nos superviventes, adoptar enfoques integrais e inclusivos que aborden as causas profundas, transformen as normas sociais prexudiciais e empoderen ás mulleres e ás nenas. Con servizos esenciais nos sectores policial, xudicial, sanitario e social, e cun financiamento suficiente para loitar polos dereitos das mulleres, podemos acabar coa violencia de xénero.


 Con motivo desta data, desde este venres 18 expoñemos en biblioteca uns interesantes materiais que as compañeiras do equipo de Dinamización do galego e Convivencia trouxeron. Tédelos dispoñibles na mesa da entrada namentres dure a exposición e despois no seus andeis (*R7573-7583).

Podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS