Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

MICRORRELATOS GAÑADORES DO II CONCURSO DE MICRORRELATOS DE SAMAÍN

Imaxe
Estamos moi ledos de amosar e anunciar os Microrrelatos gañadores das tres modalidades do "II Concurso de Microrrelatos de Samaín". Pola lei de protección de datos, non faremos públicos os nomes dos e das gañadoras pero sí as imaxes dos relatos. Tamén poñemos os relatos que quedaron sen premio pero que recibirán un agasallo por participar. Lembrade que entregaremos os diplomas e os premios esta tarde ás 17:30 h. na biblioteca José Fontenla Leal do Xan Viaño. Podedes vir disfrazados/as e tamén nos gostaría que lérades eses relatos tan orixinais que presentáchedes.  Moitísimas grazas a todos e todas por participar !!   Grazas á vosa participación e ás vosas creacións, podemos seguir a facer actividades coma esta 👏🎉 O Equipo de Biblioteca Premio ao mellor Microrrelato con Ilustración do II Concurso de Microrrelatos de Samaín Hai que medo miña nai ! Premio ao mellor Microrrelato máis orixinal e divertido do II Concurso de Microrrelatos de Samaín A pantasma do conser Premio ao ...

24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares : contra a desinformación

Imaxe
  Este ano, o Día das Bibliotecas, 24 de outubro, dedícase a un tema de máxima actualidade: a loita contra a desinformación. Con este motivo, La Voz de Galicia comparte un contido informativo de interese para os centros educativos, co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia de acceder a fontes fiables, contrastar información e desenvolver o pensamento crítico. O xornalista César Rodríguez ofrecerá un relatorio sobre a IA (desInformAción) na biblioteca do IES Urbano Lugrís, de Malpica, na que se abordarán cuestións como que é a desinformación, en que contexto se produce, a IA e a sabedoría das multitudes: algo é certo se se repite moito, imaxes e vídeos: autopistas para a desinformación e facilitará pautas para combater a desinformación clásica e a nova. A charla, pensada para alumnado de educación secundaria, emitiuse en directo por diferentes canles de La Voz de Galicia e o seu programa educativo (Prensa-Escuela) e eiquí a reproducimos completa:

Arturo Lezcano publica «O país invisible: a epopea atlántica da diáspora galega»

Imaxe
  O escritor ferrolán converte nun monumental libro un sinnúmero de historias dos que, a medio camiño entre a épica a e poesía, fixeron que Galicia tamén habitase o outro lado do mar O escritor ferrolán  Arturo Lezcano  (fillo, por certo, daquel outro Arturo Lezcano,  magnífico periodista e magnífico escritor tamén , que lle presentou a  Vicente Risco  a  Carlos Casares  e que tivo un lugar central na cultura galega da segunda metade do século XX) publica un novo libro,  «O país invisible: a epopea atlántica da diáspora galega» . Unha obra monumental que ve a luz da man da editorial Libros del K.O., e que converte en letra impresa un sinnúmero de historias dos que, a  medio camiño entre a épica a e poesía , fixeron que Galicia tamén habitase o outro lado do mar. (Historias, todo sexa dito de paso, como a de Pepe la Muerte, que era de Sillobre, en Fene, e que tanto sabía de Lucky Luciano e desas sombras de Nova York que, co paso do t...

Orquesta Sinfónica de Galicia + Ana María Patiño, directora. Xoves 6 de novembro ás 20:30 h.. Auditorio de Ferrol

Imaxe
  6 de NOVEMBRO de 2025, ás 20.30h Auditorio de Ferrol ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Ana María Patiño, directora PROGRAMA : Schumann:   Genoveva , Obertura, op. 81 Dvořák:  Serenata para cordas en Mi maior, op. 22 Brahms:  Sinfonía nº 1 en Do menor, op. 68 Unha viaxe ao corazón do romanticismo alemán. A abertura *Genoveva* de Schumann é un drama sen palabras, intenso e lírico. A *Serenata* de Dvořák ofrece unha fuga de pura alegría e melodías encantadoras, amosando o dominio da composición de cordas. A colosal *Primeira Sinfonía* de Brahms, cos seus sobretonos beethovenianos e o seu final triunfante, é un desafío interpretativo que esixe profundidade e potencia. Ana María Patiño debe articular este contraste entre intimidade e grandeza con claridade e emoción. Este concerto comeza a temporada cunha actuación vibrante e emotiva. A abertura *Egmont* de Beethoven, cargada de potencia e dramatismo, establece un ton heroico. O Concerto para violín de Sibelius, interpretad...

Bicentenario do nacemento de Avelina Valladares

Imaxe
  T al día coma hoxe de hai 200 anos, nacía na Estrada Avelina Valladares, pioneira da literatura galega. Foi unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora no emprego da lingua galega nalgúns dos seus poemas. A pesar de ter unha profunda formación relixiosa, Avelina rompeu coas normas sociais da súa época, rexeitando unha e outra vez os pretendentes que viñan "salvala" da súa soltería. A emigración, Galicia, a orfandade, a fe e a súa propia familia foron temas recorrentes nas súas composicións. Ademais dos seus textos, a autora deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos.

Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa

Imaxe
Antía Yáñez vén de gañar o premio Raíña Lupa de literatura infantil 2025, convocado pola Deputación da Coruña, pola súa obra   Bragakadabra . O xurado destacou por unanimidade o humor, a imaxinación, a fantasía e a tenrura da obra, así como a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación persoal e o empoderamento nun relato pensando para lectores novos pero de alcance universal. Anímate a ler algunha das  obras  desta autora. 

Nin dislexia nin autismo: que é o trastorno do desenvolvemento da linguaxe e como detectalo

Imaxe
  Nos últimos anos oímos falar con frecuencia da  dislexia  e do  autismo , dous trastornos do neurodesenvolvemento que afectan a moitos nenos e que xa forman parte do vocabulario cotián de moitas familias e docentes. Pero hai outro trastorno igual de frecuente —ou mesmo máis— que continúa a ser moi pouco coñecido:  o trastorno do desenvolvemento da linguaxe (TDL) . O TDL é un  trastorno do neurodesenvolvemento  que dificulta a aprendizaxe e o uso da linguaxe, sen que haxa unha causa evidente como perda auditiva, discapacidade intelectual ou autismo. Pode afectar a comprensión, a expresión, ou ambas. Estímase que este trastorno afecta a  entre  un 7% e un 10%  dos nenos en idade escolar . Con todo, moitas veces pasa desapercibido ou confúndese con “inmaturidade”, “vagancia” ou mesmo problemas de comportamento.  Non é un simple atraso que se resolva co tempo . É persistente e, se non se intervén, afecta o  rendemento escolar , a...

A astrofísica Begoña Vila será doutora honoris causa da Universidade de Vigo

Imaxe
  A astrofísica Begoña Vila será doutora honoris causa da Universidade de Vigo A enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA converterase na 31ª persoa en recibir a máxima distinción académica da institución galega O vindeiro mércores 29 de outubro, a  Universidade de Vigo  investirá como  doutora honoris   causa  á astrofísica viguesa  Begoña Vila , enxeñeira principal de  Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA . Ela converterase na 31ª persoa en recibir a máxima distinción académica da UVigo. O acto solemne terá lugar no edificio Politécnico do campus de Ourense, ás 12.00 h. O seu nomeamento foi  aprobado por unanimidade  no Consello de Goberno da Universidade o pasado mes de xuño. A proposta partiu do Departamento de Física, encabezada por  Nieves Lorenzo , directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. Esta distinción, comenta o equipo promotor, quere contribuír a recoñ...

Día das Artes Galegas 2025. Ateneo Ferrolán. 27 de outubro ás 20 h.

Imaxe
 

Contando ciencia. Casa da cultura de Fene.

Imaxe
 V CICLO CONTANDO CIENCIA‌ Conferencia “o museo de historia natural ferrol. un museo cidadán” a cargo do biólogo e delegado da SGHN, Xan Rodríguez Silvar‌. A‌ alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, e a concelleira de Ensino, Cristina García Moroño, comprácense en convidalo/a á conferencia ‌ O MUSEO DE HISTORIA NATURAL FERROL. UN MUSEO CIDADÁN‌ ‌ que ofrecerá o delegado da SGHN ‌ XAN RODRÍGUEZ SILVAR‌ este xoves, 16 de outubro , ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Fene.‌‌ Entrada libre e de balde.‌ Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.‌ Sandra Permuy‌, Alcaldesa de Fene‌ Cristina García Moroño‌, Concelleira de Ensino‌

Merendas Terroríficas de Samaín: 27, 28 e 29 de outubro de 17:15 h. a 17:45 h.

Imaxe
TRAE UNHA BOA MERENDA TERRORÍFICA MENTRES SE PROXECTA CINE DE MEDO

Novo Premio Nobel de Literatura 2025

Imaxe
  László Krasznahorkai, un dos narradores máis orixinais da literatura europea, foi distinguido co premio Nobel de Literatura 2025. O autor húngaro ha creado ao longo dos anos unha obra literaria singularísima, e talvez por iso comparoulla a miúdo coa doutros autores únicos na súa especie, como Kafka–o seu heroe literario–, Gógol, Beckett ou Bernhard. A desolación, a apocalipse e o absurdo, que constitúen o pano de fondo do seu mundo narrativo, non están rifados na súa obra coa procura da beleza ou o amor á natureza como reflexo da divindade. Aínda que Krasznahorkai afirmase que escribir é para el algo tan enigmático como «bailar no inferno», aos lectores a súa misteriosa danza parécenos máxica unha e outra vez.

Datas importantes " II Concurso de Microrrelatos de Samaín "

Imaxe
 

Día das escritoras

Imaxe
  O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritoras e Escritores (ACE) e oCentro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.  Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 16 de outubro. A X Edición celébrase este ano 2025  o 13 de outubro baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!".  "As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova o...

Dúo Amandine Beyer & Vadym Makarenko

Imaxe
 💥 Se queres ir ao concerto gratis, apúntate en conserxería 👀 23 de OUTUBRO de 2025, ás 20.30h Teatro Jofre ás 20:30 h. DÚO AMANDINE BEYER & VADYM MAKARENKO PROGRAMA : Jean-Philippe Rameau:   Le rappel des Oiseaux  (transcrición para dous violíns) Jean-Marie Leclair:  Sonata 3 op.3 para dous violíns en Do maior Antonio Vivaldi:  Sonata RV 71 para dous violíns en Sol maior Giovanni Battista Viotti:  Serenata para dous violíns en Sol maior Reinhold Glière:  3 Dúos op.49 (1-3-5) Codex Faenza:   Benedicamus Domino ENTRE O CEO E A TERRA Entre el cielo y la tierra es la metáfora de dos espacios: uno físico, el lugar donde vivimos todos y que los pájaros en especial tienen la capacidad de conectar, y uno espiritual, donde la música toca un papel muy especial, con su poder creativo y meditativo.

Con nuestro dúo «Le rappel des oiseaux», que se llama así por la pieza epónima de Jean-Philippe Rameau, les ofrecemos un trayecto en zig zag a través seis ...

O Nobel de Química premia os científicos clave en tecnoloxías como a captura de CO₂

Imaxe
Os investigadores desenvolveron unha nova forma de arquitectura molecular que permite a descomposición de substancias contaminantes como restos de fármacos De esquerda a dereita, Susumu Kitagawa, Richard Robson e Omar M. Taghi. Foto: Ill. Niklas Elmehed, Nobel Prize Outreach. A Academia das Ciencias de Suecia concedeu o  Premio Nobel de Química a Susumu Kitagawa, Richard Robson e Omar M. Taghi  polo seu trabalo pioneiro en desenvolver  unha nova forma de arquitectura molecular.  Os seus descubrimentos son claves para tecnoloxías novedosas como a descomposición de restos de fármacos o u a captura do dióxido de carbono , clave no medio ambiente. Nas súas construcións, os ións metálicos funcionan como pilares que se unen mediante longas moléculas orgánicas (baseadas en carbono). Xuntos, os ións metálicos e as moléculas organízanse para formar cristais que conteñen grandes cavidades. Estes materiais porosos chámanse  marcos metálico-orgánicos (MOF, polas súas sigla...

A que xogaban os romanos? O achado dunha ficha en Sober dá novas pistas

Imaxe
Unha peza de pedra branca atopada no xacemento arqueolóxico de Proendos podería pertencer a un antigo xogo de mesa coñecido como alquerque de nove Peza de pedra branca que podería estar vinculada a un xogo de mesa da época romana. Foto: Sergio Sánchez Coñécese que no Imperio Romano non todo o lecer se centraba nos espectáculos de gladiadores e nas carreiras de carros. Os  xogos de mesa  tamén formaban parte da vida cotiá. Un exemplo é o  Ludus latrunculorum , traducido do latín como “xogo dos ladróns”, achado no xacemento arqueolóxico de Complutum (Madrid) e considerado un antecedente das damas ou mesmo do xadrez. Un equipo liderado polo arqueólogo e técnico en patrimonio cultural  Sergio Sánchez , director da escavación de  Proendos , no concello de Sober (Lugo), descubriu recentemente unha peza que podería estar vinculada a este tipo de actividades lúdicas da época romana. Segundo as referencias doutros achados en escavacións anteriores, os investigadores cren...

Fina Miralles, Premio Nacional de Artes Plásticas 2025

Imaxe
  La artista  Fina Miralles   ha sido galardonada este lunes con el   Premio Nacional de Artes Plásticas , concedido por el   Ministerio de Cultura   y dotado con 30.000 euros, por su «rol pionero desde los años 70 en el marco del   feminismo   y posturas ecologistas tempranas, reivindicando la relación del ser humano con la naturaleza». Además, el jurado ha señalado que «su obra posee una iconicidad muy poderosa que prolonga su vigencia hasta el presente. Lleva cabo a cabo una aguda reflexión crítica del poder en todos sus aspectos. En los últimos años ha realizado una profunda reflexión textual en que aborda la experiencia humana adoptando una perspectiva holística». Fina Miralles ( Sabadell , 1950) es una   artista pionera en prácticas conceptuales   con las que comenzó a experimentar en la década de los 70. Formada en Barcelona, pasó largas temporadas en América del Sur,   Francia   e   Italia . Su práctica artística s...