Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

Cúmprense 250 anos do nacemento de Jane Austen

Imaxe
  Cúmprense 250 anos do nacemento de Jane Austen Hoxe cúmprense 250 anos do nacemento de  Jane Austen , unha autora que escribiu sobre bailes, visitas e familias, pero que en realidade falou de liberdade, decisións, ironía e mulleres que se atreveron a pensar por si mesmas. 

Imaxes das postais do "II Concurso de Postal de Nadal Musical" curso 2025/26

Imaxe
Aquí tedes as imaxes das fermosas postais que se presentaron este ano ao concurso.  Moitas grazas a todos e a todas por participar e, dende o Equipo de Biblioteca e o EDLG do Xan Viaño, queremos desexarvos un bo nadal. Descansade moito e collede forzas para o ano que ven.  Moitas apertas quentiñas.  Coidádevos ben e nunca xamais esquezades sorir e xogar......  e tamén tocar !! O Equipo de Biblioteca e o EDLG. CMUS Xan Viaño de Ferrol

Premiados no II Concurso de Postal de Nadal Musical

Imaxe
Boa tarde a todos e todas. Comprácenos anunciar os e as gañadoras desta nova edición do II Concurso de Postal de Nadal Musical. Antes de nada, dar as grazas pola tan boa acollida e tan numerosa participación este curso.  Por iso este ano, e saltándonos as bases publicadas un pouco presionados polo trasno Brétemo, este ano concederemos un 1º premio e catro 2ºs premios. Estaba moi reñida a cousa e a calidade das postais este ano foi moi boa, por iso fixemos unha excepción.  Todos e todas as participantes terán o seu diploma de agradecemento xunto con un pequeno agasallo. Os gañadores, levarán un vale cunha dotación económica, para canxear por material musical, cunha caducidade dun ano. Vémonos na biblioteca o día 18 de decembro ás 17:00 h. para a entrega de premios, vales e agasallos.  Grazas e parabéns a todos e todas por participar !! O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Día dos Dereitos Humáns

Imaxe
Unidos polos Dereitos Humáns 30 vídeos, 30 dereitos  

Polos Dereitos de TODOS

Imaxe
Coñeces a historia dos Dereitos Humáns?

Día Mundial para a abolición da escravitude

Imaxe
Día Mundial para a abolición da escravitude Segundo as últimas estimacións da Organización Internacional do Traballo (OIT), o traballo forzoso e o matrimonio forzado han aumentado considerablemente no últimos cinco anos. En 2021 había 10 millóns máis de persoas en situación de escravitude moderna en comparación con 2016, o que eleva o total a 50 millóns en todo o mundo. As mulleres e os nenos seguen sendo desproporcionadamente os máis vulnerables. A pesar de non estar definida na lei, a escravitude moderna utilízase como un termo xeral que abarca prácticas como o traballo forzoso e o matrimonio forzado. Fai referencia a situacións de explotación das que unha persoa non pode escapar debido a ameazas, violencia, coerción, engano ou abuso de poder. A escravitude moderna dáse en case todos os países do mundo, e traspasa todas liñas étnicas, culturais e relixiosas. Más da metade (o 52%) de todos os traballos forzados e unha cuarta parte de todos os matrimonios forzados atópanse en países de...

1 de Decembro: Día Internacional do SIDA

Imaxe
O Día Mundial da Loita contra a SIDA converteuse nun dos días da saúde máis recoñecidos e supón unha oportunidade para lembrar aos que faleceron, crear conciencia e celebrar vitorias como o acceso a servizos de prevención e tratamentos antirretrovirais. A primeira vez que se celebro o Día Mundial da Loita contra a SIDA foi en 1988 e desde esa data, o virus matou a máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, o que supón unha das epidemias máis destrutivas da Historia. A conmemoración do Día Mundial da Sida de 2025 pon de relevo como os recortes no financiamento a nivel internacional están a poñer en risco os avances logrados na resposta ao VIH. A crise actual afecta especialmente os servizos de prevención e aos programas comunitarios que apoian ás poboacións máis marxinadas, mentres que o aumento de leis punitivas dificulta aínda máis o acceso á atención. Ante este panorama, requírese un enfoque transformador que permita superar as disrupcións e manter o rumbo cara á meta de poñer fi...

Fondo Solidario de Libros no CMUS Xan Viaño de Ferrol

Imaxe
📚🧸 Fondo Solidario de Libros: ¡Participa! Dende a coordinación da  Biblioteca José Fontenla Leal  do noso centro CMUS Xan Viaño, poñemos en marcha unha fermosa iniciativa, que enmarcamos dentro do  Plan Proxecta + : o noso  Fondo Solidario de Libros . Queremos fomentar a lectura e, ao mesmo tempo, ser solidarios. A nosa proposta inclúe dúas vertentes: 1. Leva un exemplar para ti 📖 Poñemos á vosa disposición un fondo de libros para que calquera persoa que o desexe poida coller algún exemplar de balde. 2. Solidariedade Infantil e Xuvenil 🧸🏥 Tamén organizamos unha recollida de libros infantís e xuvenís para unha causa marabillosa:  doalos á Biblioteca de Pediatría do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide de Ferrol . A túa doazón pode axudar a facer máis levadeira a estancia dos nenos e nenas no hospital. Grazas de antemán pola túa colaboración! Onde e cando? 📅  Dispoñibilidade:  A partir de mañá,  mércores 2 de decembro . 📍  Lugar: ...

Marilar Aleixandre, primeira doutora honoris causa da Universidade de Almería

Imaxe
  A Universidad de Almería (UAL) investiu a Marilar Aleixandre doutora honoris nunha cerimonia na que a académica defendeu o pensamento crítico como "ferramenta poderosa" para enfrontar os desafíos da desinformación e combater o negacionismo. A catedrática ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela é a primeira muller que pasa a formar parte do claustro de honra da UAL, e tamén a primeira investigadora do campo da educación e da didáctica que acada este recoñecemento na mesma institución. Continuar lendo  aquí .