Este bólido esporádico viuse na madrugada do martes 18 de novembro ás 3h17 CET sobre Estepa, Sevilla. Foto: Antonio J. Robles O meteoro especialmente brillante foi avistado dende cidades como Vigo, Santiago ou Ourense, nunha xornada na que se rexistrou unha elevada actividade destes obxectos astronómicos na península O pasado luns, 17 de novembro, algunhas persoas tiveron a sorte de observar un bólido no ceo de Galicia. Así o aseguraba o creador de contido galego Pedro Davila Fernández ( @pooochooo ) na súa canle de Instagram, onde anunciaba que acababa de ver un destes fenómenos luminosos arredor das 20:45 horas en Mos , con vistas cara ao Morrazo. A súa publicación axiña recibiu respostas doutras persoas que tamén afirmaban ter visto o bólido dende distintos puntos: Vigo , Santiago de Compostela , Moaña , Pontevedra , Bastavales , Ourense ou mesmo Braga . A diferenza dun meteoro común, un bólido é un...