Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

I Feira de Literatura e Arte 29 e 30 de novembro

Imaxe
 I Feira de Literatura e Arte Pavillón da Mocidade da Gándara NARÓN Programación do día 29 e do día 30 de novembro      29 de novembro      30 de novembro Dende o Equipo de Biblioteca do Xan Viaño, queremosvos animar a que asistades a este tipo de eventos. Deste xeito, apoiades a tódolos e tódalas artistas que estarán presentes nesta I Feira de Literatura e Arte. Son ocasións que teñen de amosar o que fan, darlle polo tanto visibilidade e compartilo con todos e todas.  Hai moito talento na comarca !

Carapuchiña di NON- #CambiaoConto - Violencias machistas

Imaxe
Contra a violencia de xénero: Carapuchiña vermella, cambia o conto

25 N Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Imaxe
25 N Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller Dende o Equipo de Benestar e Convivencia, invitámosvos a mostrar o voso apoio traendo ao conservatorio unha prenda ou complemento morado o luns 25 de novembro.  O Xan Viaño en contra da violencia contra as mulleres! 💜 Dende o Equipo de Biblioteca do Xan Viaño que remos compartir isto: Contra a violencia de xénero: Mulleres do medievo galego A historia ensínanos que esquecer a nosa é volver a equivocarnos polo que resulta imprescindible nas datas nas que estamos coñecer a mulleres esquecidas que merecen unha ollada pois grazas a elas disfrutamos do noso presente. Estos días disfrutamos da exposición "Mulleres do medievo galego" ofertada pola  Deputación da Coruña  que consta de 21 paneis, o primeiro introdutorio e o resto son dez láminas ilustradas e os 10 respectivos textos. As protagonistas son dez mulleres da nosa historia elixidas pa...

As músicas interrompidas : Balboa, Macías, Viaño

Imaxe
  As músicas interrompidas O vindeiro martes 26 de novembro ás 19:30 h, terá lugar no auditorio do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, a presentación do libro 'As músicas interrompidas. Balboa, Macías, Viaño", escrito por María del Carmen Lorenzo Vizcaíno, Lucinio Medel Iglesias e Javier Ares Espiño. Na presentacion descubriremos a vida e obra dos compositores galegos Manuel Balboa, Enrique Macías e Xan Viaño, que viron truncadas as súas carreiras musicais pola súa temperá morte. Ademais teremos a oportunidade de escoitar a súa música nas mans de Javier Ares ao piano. Entrada libre ata completar aforo.

Súmate ao reto do Equipo de Dinamización de Lingua Galega do Xan Viaño !!!

Imaxe
"Serei eterna se me levas nos beizos" Súmate ao noso reto e fala galego!  Un pequeno paso para unha persoa, un gran salto para a nosa lingua. Na semana do 18 ao 25 de novembro, reto pola nosa lingua no Xan Viaño! Preme na imaxe para máis información:    Instagram do EDLG

Estamos de celebración esta semana: SANTA ICÍA, PATROA DOS MÚSICOS !!!

Imaxe
SANTA ICÍA, PATROA DOS MÚSICOS  Santa Icía de Roma Coñezamos un pouco a historia de Santa Icía. Santa Icía é unha das mártires máis veneradas polos cristiáns e está representada tocando un instrumento musical ou cantando. A Igrexa católica celébrao o 22 de novembro para conmemorar a súa morte. En 1594 o papa Gregorio XIII nomeou a Santa Icía patroa dos músicos. Conta a lenda que esta santa, que procedía dunha familia nobre de Roma, adoitaba facer penitencia e consagrou a súa virxindade a Deus. Porén, o seu pai obrigouna a casar cun mozo chamado Valeriano. Cando os recén casados ​​estaban no cuarto, santa Cecilia díxolle a Valeriano: “Teño que contarche un segredo. Debes saber que un anxo do Señor vela por min. Se me tocas coma se fose a túa muller, o anxo enfadarase e ti sufrirás as consecuencias; Por outra banda, se me respectas, o anxo quererache como me ama a min.” O marido pediulle que lle amosase o anxo e que faría o que ela pediu. Por iso, Cecilia díxolle que se crí...

AUDICIÓN DE VIOLÍN, mércores 20 de novembro ás 18:30 h.

Imaxe
  Audición do alumnado de violín, o mércores 20 de novembro ás 18:30 h. no salón de actos do CMUS Xan Viaño.

CONCERTO SOLIDARIO DE SANTA ICÍA, xoves 21 de novembro ás 19:00 h.

Imaxe
CONCERTO SOLIDARIO DE SANTA ICÍA   Concerto solidario de Santa Icía a cargo do profesorado do Xan Viaño. Será o próximo xoves 21 de novembro ás 19:00 h no Auditorio do conservatorio . Habilitarase unha urna na entrada do auditorio para recoller donativos voluntarios , que serán doados integramente a favor das persoas afectadas pola DANA en Valencia . Grazas pola vosa colaboración.

CONCERTOS NO HALL !! SEMANA DE SANTA ICÍA 18, 20, 21 e 22 de novembro

Imaxe
  Nesta semana tan especial de Santa Icía, a música ten que estar por todas partes. Por iso, ao longo da semana terán lugar pequenas intervencións musicais a cargo do alumnado do Xan Viaño. Tomade nota dos Concertos no h all, esperámosvos!!

AUDICIÓN DE VIOLONCELLO, mañá 19 de novembro ás 18:15 h.

Imaxe
  Mañá martes 19 de novembro ás 18:15 h no auditorio do conservatorio, teremos a primeira audición do alumnado de violoncello deste curso. Entrada libre ata completar aforo.

AUDICIÓN DE MÚSICA DE CINE, mañá martes 19, ás 20:00 h.

Imaxe
  Mañá 19 de novembro ás 20:00 h. do auditorio do Xan Viaño, a udición de música de cine.

CONCERTO DO ALUMNADO DE PIANO, hoxe 18 de Novembro ás 19:00 h.

Imaxe
Hoxe no auditorio do Xan Viaño Concerto de alumnado de piano que terá lugar hoxe, luns 18 de novembro ás 19:00 h no auditorio do conservatorio. Entrada libre ata completar aforo.

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL

Imaxe
🎄I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL🎄 Dende hoxe xa podedes participar no I Concurso Postal de Nadal Musical !!!  Está organizado polo Equipo de Biblioteca do Xan Viaño, en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega .   Sabemos que tedes moitísimo talento así que esperamos que participedes, enchendo de moita felicidade, solidaridade, sorrisos, esperanza, etc., todo o que queirades transmitir na postal, mesturado cunha boa música.  Lembrade que a postal debe ter temática musical : a botarlle imaxinación ! 😊  ✐💬Se che apetece, podes deixarnos recomendacións musicais, preferiblemente de música clásica, para estas datas. Algunha receita de biscoitos típicos do teu lugar de orixe, galletas, etc., para compartir. E por suposto, algunha proposta lectora para acompañar. Pódelo compartir aquí como comentario neste blog ou ben nun buzón que se porá na biblioteca para esta finalidade. Aquí tedes as bases : 👀👀🎇 Lede ben as bases porque está todo ben deta...

Álvaro Pombo, Premio Cervantes 2024

Imaxe
  "Non vou negar que o desexaba, pero non o esperaba para nada" Álbaro Pombo O escritor recibe o galardón literario máis importante en Lingua Española, dotado con 125.000 euros. O xurado destaca a "sua extraordinaria persoalidade creadora, a sua lírica singular, a sua orixinalidade narrativa e a creación dun mundo propio" Para máis información aquí. Publicación de prensa aquí.

Concerto organizado pola Sociedade Filarmónica Ferrolana o día 29 de novembro ás 20:30 h. : Dúo Cassadó Hypnotik

Imaxe
  DÚO CASSADO HYPNOTIK Lugar:  Teatro Jofre Hora: 20:30 h.   Marta Moll de Alba , piano Damián Martínez Marco,  violonchelo   Programa Álbum  Hypnotik Aclamado internacionalmente pola súa exquisita musicalidade e sensibilidade, Dúo Cassadó cativa tanto ao público como á crítica grazas ao seu temperamento, orixinalidade e carisma. Artista exclusivo de Warner Classics, Dúo Cassadó actuou en prestixiosos auditorios e festivais de todo o mundo e percorreu Israel, Canadá, Colombia, Ecuador, Arxentina, Marrocos, Túnez, Exipto, Xordania, China, Corea do Sur e Xapón. Comprometido coa creación actual, Dúo Cassadó estreou “ Sibilas en fronte do Espello ” composta por Tomás Marco e dedicada a Dúo Cassadó, así como “ Páxinas de Area ” escrita pola compositora Laura Vega e “ Do ar que me das ” composta por Marina. Ortega. O seu disco “ Rapsodia do Sur ”, galardoado co “Melómano de Ouro”, foi elixido pola crítica especializada como un dos mellores discos do ano e recibi...

Día da Ciencia en Galicia 2024

Imaxe
O matemático   José Rodríguez González   é o científico homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 2024, unha celebración promovida pola RAGC para reivindicar o valor da investigación a través das súas figuras máis destacadas, na maioría dos casos descoñecidas para o gran público. Coincidindo co bicentenario do seu falecemento, a RAGC pon de relevo que foi un científico no sentido moderno do termo e, para moitos, o primeiro de Galicia. A Academia destaca a súa loita desinteresada pola ciencia. Entra na  web da RAGC  e descobre os seus fitos como que situou o quilómetro cero de Galicia en Lalín e participou na expedición internacional que permitiu establecer o metro como unidade de medida...

Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas. Teatro Infantil. Auditorio Sede Afundación Ferrol

Imaxe
  Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas ·          Auditorio Sede Afundación de Ferrol ·          16 novembre 2024 17:30 h. ·          45 minutos ·          Idade  mínima: 3 anos Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, o 16 de novembro, Afundación convida ao público a asistir ao espectáculo " O agasallo das árbores" , que está insertado no Programa Cultura por Alimentos. 👀👆🍲👧👦¡IMPORTANTE! O acceso ao concerto será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos. Moita xente coñece "Os tres porquiños", famosos no mundo dos contos, pero casi ninguén coñece a historia dos seus pais e de cómo medraron entre as árbores da montaña galega e contos de igualdade. Todo sábese porque o contou a avoa de Carmela que sabía moitas cousas de contos de sempre. Ela...

XXXIV CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO 2024

Imaxe
Para máis información aquí. Para conseguir entradas ou para máis información do concerto de inauguración o 15 de novembro no Teatro Jofre aquí. XURADO Bilbao Iturburu, Pilar (España) Popov, Yuri (Rusia) Codispoti, Domenico (Italia) Witkowski, Gisele Nacif (Brasil) Nina Kereselidze (Georgia) BASES Primera.- Objeto y contenido La Concejalía de Cultura del Ayuntamiento de Ferrol (A Coruña - Galicia – España) organiza el  XXXIV Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol” , que tendrá lugar en Ferrol entre los días  15 y 22 de noviembre de 2024 . El premio se desarrollará: el concierto inaugural en el Teatro Jofre , en las fases preliminares y final en el Auditorio de Ferrol, atendiendo al siguiente calendario: Periodo de inscripción: desde la fecha de publicación de la convocatoria hasta el 31 de octubre del 2024 15 de noviembre: sorteo de participantes, ceremonia de inauguración y concierto de apertura del concurso 16 a 18 de noviembre: primera pru...

A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES no Pazo da Cultura en Narón. Montaxe teatral de Magín Blanco e Ghazafellos

Imaxe
Espectáculo no Pazo da Cultura dunha montaxe teatral de Magín Blando e a compañía Teatral Ghazafellos A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES A Nena e o Grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos con música en directo. É esta a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego que conta con tres espectáculos previos: O País das Apertas, A Nena e o Grilo nun Barquiño e A Nena e o Grilo máis Aló. O fío condutor desta cuarta entrega son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva. A Nena xunto co Grilo que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar coa que viaxamos ó País das Apertas! Compañía:   MAGÍN BLANCO E GHAZAFELHOS Lugar do espectáculo:   Auditorio Municipal Funcións:...

Un estudo galego revela que as persoas con demencia teñen máis sensibilidade á música

Imaxe
O proxecto Sensoxenona evidencia que a música “afina” a expresión dos xenes alterados en pacientes con enfermidades neurodexenerativas Un dos concertos de Sensoxenoma. FOTO: Real Filarmonía de Galicia O proxecto galego  Sensoxenoma  acaba de alcanzar as primeiras evidencias que axudarían a entender obxectivamente, por vez primeira, o efecto beneficioso da música en persoas con deterioro cognitivo. O estudo analizou o universo de moléculas que se expresan a partir de ADN dunha persoa como resposta a un estímulo musical, o que se coñece como o  transcriptoma . Se ben o ADN se mantén máis ou menos estable ao longo de toda a vida, o transcriptoma é dinámico e reflexa a resposta dunha persoa aos cambios que se producen na contorna ou derivados da idade (estímulos visuais, auditivos, derivados da nutrición, ou por causa de enfermidades, entre outros). Un dos resultados máis destacados do estudo é que “ as persoas con demencia teñen unha maior sensibilidade á música , si por ist...