RECOMENDACIÓN DO MES: "El cuerpo del músico"
Hola a tod@s!
Antes de nada esperamos que tiverades unas Felices Festas e vos desexamos un Feliz 2012.
Gracias a aportación do Profesor de Guitarra, Sergio Pena, achegámosvos unha recomendación dun libro que pode ser moi interesante para toda a comunidade educativa do noso Conservatorio; trátase dun libro cuio título é "El cuerpo del músico" dos autores G. Odam e J. Rosset i Llobet.
SINOPSIS
Os músicos padecen moitas enfermidades e lesións propias desta profesión e moitos destes problemas inícianse na época de estudiantes. Esto afecta a tódolos tipos de música, dende a clásica e o jazz, ata o rock e a música tradicional. Os daños no ouvido son un problema grave en muitos tipos de música, se ben as situacións máis estresantes e os daños físicos máis graves prodúcense durante a execución de pezas de música clásica. As longas horas de ensaio ao comezo da carreira dos músicos son a principal fonte de problemas, ainda que as veces só se manifestan muito máis adiante. Este libro diríxese por igual a estudiantes, músicos profesionais e profesores de canto e instrumento e a súa finalidade é dar a coñecer o cómo e porqué do funcionamento do corpo durante a execución de pezas musicais e cómo evitar estas patoloxías a nivel profesional e lograr, así, niveis óptimos de interpretación.
O autor principal do libro, o doctor Jaume Rosset i Llobet, é un médico experto así como un investigador sobre o tema de recoñecido prestixio internacional. É director dun Centro de Fisioloxía das Artes en Tarrasa (Cataluña) unha das poucas clínicas do mundo na que músicos, bailaríns e artistas poden ir a someterse a examen e tratamento. O libro ofrece exemplos e referencias sobre a saúde, abarcando unha grande variedade de xéneros musicais baseado nos estudos actuais, na práctica médica e os tratamentos clínicos. Ademáis das explicacións sobre fisioloxía, profusamente ilustradas con divertidos dibuxos, o libro trata temas como a ergonomía, os factores de risco, as posturas, a respiración e aspectos sobre a dieta e a acomodación das necesidades profesionais á vida diaria.

Agradecemos a colaboración do profesor de Guitarra, Sergio Pena. Gracias.
Comentarios
Publicar un comentario