24 DE OUTUBRO - DÍA DA BIBLIOTECA
24 de Outubro de 2014 – Día da Biblioteca
Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de
comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como
apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel
imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de
espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa
presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
O ilustrador David Pintor foi o
encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación:
unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa
do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. Podedes ver o cartel na Biblioteca.
Aproveitamos esta primeira entrada no Blog
para invitarvos un ano máis a participar nas diferentes actividades do Centro e
nas que dende a Biblioteca organicemos.
Quedamos a vosa disposición
Saúdos
O Equipo de
Coordinación da Biblioteca
Comentarios
Publicar un comentario