TRIVIAL MUSICAL. Concerto 28 de xaneiro
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 28
de Xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas
que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, ¡iso esperamos!). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro luns 25 de Xaneiro
(ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: interpretarase un
concerto para piano en Fa Mayor, ¿saberías dicir cal é a súa armadura?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Cal destas obras non compuxo
Gershwin?
a. Un americano en París
b. L’Orfeo
c. Porgy y Bess
¡¡¡Moita sorte!!!
Xaneiro
Data:
xoves 28 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
ORQUESTA SINFONICA DE
GALICIA
Dmitry Mayboroda,
piano
Programa:
J. Rueda (1961- ): Elephant skin
G. Gershwin
(1898-1937): Concierto para piano en Fa Mayor
S. Prokofiev (1891-1953): Sinfonía nº 6 en Mi bemol
menor, Op. 111
Comentarios
Publicar un comentario