TRIVIAL MUSICAL, concerto 21 de abril
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 21 de abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro martes 18 de abril (ata as 10:00 horas).
¡¡¡Moita sorte!!!
Abril
Data: venres 21 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
Real Filharmonía de Galicia
Fabien Gabel, director
Eric La Sage, piano
F. Mendelssohn: Obertura de Ruy Blas
R. Schumann: Concieto para piano en la m, op. 54
A. Honegger: Sinfonía nº 4 (Deliciae Basiliensis)
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario