TRIVIAL MUSICAL, 27 de abril


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 27 de abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 24 de abril (ata as 10:00 h).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: define intervalo musical.

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: define brevemente "sinfonía".
¡¡¡Moita sorte!!!
 Abril                                                                                                  
Data: xoves 27 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Dennis Russel Davies, director   
Solistas OSG

J. Haydn: Sinfonía concertante
A. Bruckner: Sinfonía n.6

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL