TRIVIAL MUSICAL - Concerto 9 de marzo
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 9 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estrita orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 5 de marzo (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Escribe tres términos relativos á agóxica (os
que queiras)
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: No programa pone “Director y concertino: James Dahlgren” , que significa “concertino”?
¡¡¡Moita sorte!!!
Marzo
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Director y concertino: James Dahlgren
Violonchelo: Paulo Gaio Lima
Programa dedicado a F. J. Haydn:
Sinfonía número 25 en Do
•Concerto para violonchelo e orquestra número 1
•Sinfonía número 45 "Os adioses"
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario