TRIVIAL MUSICAL - Concerto 27 de abril


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 27 de abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 23 de abril (ata as 10:00 horas).



PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Define brevemente “cuarteto de cordas”


PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Define “variaciones”

¡¡¡Moita sorte!!!

 Abril                                                                                                    
Data: venres 27 de abril, a las 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre



  
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA




Director: Chistoph König

Violín: Tasmin Little


Programa:

Brahms: Variaciones sobre un tema de Haydn

Mozart: Concierto para violín nº 4

Beethoven: Sinfonía nº 1





  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS