CONCURSO RETOS MUSICAIS: retos resoltos

A ganadora do concurso foi:
 
Jimena García Fernández.
 
 
Noraboa a todos os participantes porque se seguístedes as pistas viaxiaríais un pouco polo Renacemento.
 
A continuación, damos resposta aos retos propostos e rematamos coa interpretación da peza a cargo de "The King Singers".


Reto 1: John Dowland


Reto 2: Ayre

"Con melodías sinxelas, enxendradas polo texto, e o seu natural fluxo rítmico, son do mais fermoso da música inglesa" *
 "Os Ayres eran mais persoais que os madrigais. A música polo xeral, reflexa o ambiente, con moita menos descrición que é típica dos madrigais. Os acompañamentos de laúd, sempre subordinados á melodía vogal, teñen certa independencia rítmica e melódica. **

* Michels Ulrich, Atlas de Música, 1, Alianza Atlas, Alianza Editorial, 1993, p.259
**A History of Western Music, W.W.Norton & Co., New York-London, 2006.p.261


Reto 3: Fine knacks for ladies, cheap choice, brave and new

A raíña Isabel I morreu en 1603 polo que trátase de "The Second Booke of Songs o Ayres" publicada en 1600.

En IMSLP  se nos fixamos no índice a canción nº 12 (XII) é "Fine knacks for ladies" porque:

- a canción está composta para 4 voces, polo que descartamos as de 2 e 5.
- a súa letra capitular é consoante (F)
- o laúd renacentista na primera metade do século XVI tiña 6 ordes dobles, é dicir, 12 cordas

 Fonte: IMSLP, Dowland, The Second Booke of Songs o Ayres, páx.15


 A continuación, unha fermosa interpretación de 1984 a cargo de "The King Singers" que inclúe unha pequena explicación. 

  Fonte: Youtube.com

 "De todos os pasatempos dos que disfrutaba a época isabelina, e certamente parece que adicaron bastante tempo á  busca do prace, un dos máis importantes era facer música. A mesma raíña era un exemplo: era unha boa intérprete tanto de laúd como dos virginais e todo o mundo debía saber cantar. Como un xentilhome escribiu: "cando rematou a cea, segundo a costume, trouxéronse libros de música á mesa, a señora da casa otorgoume unha parte, pedíndome con seriedade que cantara".
 E este era o tipo de libro de música  do que estaba a falar. Estaba impreso de tal xeito que cada un podía sentarse arredor da mesa mais ao mesmo tempo ver as súas proprias liñas musicais; incluso hai unha parte aquí para o laudista.
Así que empregando este "Segundo libro de canciones o Ayres" de John Dowland, imos rematar este programa co seu coñecido "Fine knacks for ladies"

Letra:
Fine knacks for ladies, cheap choice, brave and new,
Good penny worths, but money cannot move;
I keep a fair, but for the fair to view;
A beggar may be liberal of love.

Though all my wares be trash, the heart is true.

Great gifts are guiles, and look for gifts again,
My trifles come as treasures from my mind,
It is a precious jewel to be plain:
Sometimes in shell, the orient pearls we find.

All others take a sheaf, of me a grain!

Within the pack: pins, points, laces and gloves,
And diverse toys, fitting a country fair;
But my heart lives, where duty serves and loves:
Turtles and twins, court's brood, a heav'nly pair.

Happy the heart that thinks of no removes.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS