Blog da Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol
NOVIDADES: clarinete e piano
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Temos novidades en clarinete-estudos (CA.E, 46 a 48, *R6701 a 6703) e Piano Só (PI.S, 61) no atril das novidades. Estarán aí uns días e logo atoparédelas nos seus correspondentes andéis.
Hola a tod@s: Coma primeira publicación do noso blog neste novo curso, publicamos un artigo publicado na revista do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Poderedes comprobar que hai referencias a imaxes que non reproducimos neste artigo por motivos informáticos e que vos invitamos a consultar se queredes na propia revista. Si quixerades ter unha copia da mesma, poñédevos en contacto Quique (responsable da Biblitoteca) e vos darei unha copia moi gustasemente. Espero que vos guste. (...) Nubens: La obra póstuma ¿inacabada? de Xan Viaño Javier Jurado Xan Viaño fue un compositor autodidacta dotado de una gran creatividad. Su catálogo, aunque escaso, abarca una amplia variedad de géneros y estilos. Su obra póstuma, Nubens, para orquesta de cuerdas, ha sido injustamente considerada como inacabada, dando lugar a que sólo se interpretase el primer movimiento, titulado Nubens blancas. Este artículo presenta una breve semblanza biográfica del compositor ferrolano para a conti...
Noa Nistal Liñares, pianista. Julia López García, saxofonista. Presentámosvos as nosas voluntarias deste ano na biblioteca do Conservatorio, que están a participar no Programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Chámanse Noa que se etá a formar como pianista e Julia que se estrea este ano co saxo. Levan tres semanas co equipo de biblioteca a aprender o que facemos nela. De momento xa coñecen como ordenamos e etiquetamos os fondos -xa sexan libros, partituras ou outro tipo de soportes- e tamén están a colaborar na actualización das etiquetas das partituras instrumentais e na dinamización das actividades que facemos na biblioteca. Moitas grazas a estas voluntarias que queren axudar a aprender o que se cociña na biblioteca do Xan Viaño !! E se alguén quere participar como voluntario o próximo curso, estade atentos ao blog .... Grazas Noa e Julia !! O Equipo de Biblioteca
A Real Academia salda unha débeda co feminismo e co xornalismo: Begoña Caamaño , Letras Galegas 2026. A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a protagonista das próximas Letras Galegas. Así o anunciou este venres a Real Academia Galega (RAG) nunha rolda de prensa no pazo de María Pita, en A Coruña, onde a institución ten unha das súas sedes mentres se reforma o seu edificio na cidade. O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, subliñou que as Letras do 2026 serán «unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño». Ademais, sinalou que tamén serve para poñer o foco nos xornalistas «nun momento histórico oportuno para isto». Sobre a súa obra, indicou que aborda a mitoloxía clásica e artúrica. En canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica». Seguir lendo en La Voz de Galicia
Comentarios
Publicar un comentario