OUTUBRO, mes das bibliotecas

Carnés dos novos alumnos de 1º de GE que entregaranse ao longo da vindeira semana

 Outubro ven sendo o mes dedicado ás bibliotecas. Para festexalo, durante os cinco derradeiros anos fixemos visitas guiadas para facer unha formación básica aos novos usuarios do conservatorio.

 Este curso non imos poder facelo pero no seu lugar, podedes facer un percorrido virtual das instalacións cun unha pequena explicación de cómo emprestar fondos. Lembrade que tamén tedes un tríptico informativo na columna da dereita que podedes consultar e/ou descargar coas normas que todos temos que cumplir.

Calquera dúbida podédela consultar ao equipo de biblioteca (Pablo e Águeda) a través do correo electrónico da biblioteca:

www.bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS