24 DE OUTUBRO: Día das Bibliotecas
O ministerio de cultura ven de presentar "O día das bibliotecas" baixo o lema "BiblioTEcuida". Esta conmemoración céntrase en poñer en valor o papel das bibliotecas de distinta tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, se preocupan por satisfacer as necesidades dos seus usuarios.
As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen.
*Cartaz realizado pola ilustradora galega Xulia Vicente
Comentarios
Publicar un comentario