Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2025

Cúmprense 250 anos do nacemento de Jane Austen

Imaxe
  Cúmprense 250 anos do nacemento de Jane Austen Hoxe cúmprense 250 anos do nacemento de  Jane Austen , unha autora que escribiu sobre bailes, visitas e familias, pero que en realidade falou de liberdade, decisións, ironía e mulleres que se atreveron a pensar por si mesmas. 

Imaxes das postais do "II Concurso de Postal de Nadal Musical" curso 2025/26

Imaxe
Aquí tedes as imaxes das fermosas postais que se presentaron este ano ao concurso.  Moitas grazas a todos e a todas por participar e, dende o Equipo de Biblioteca e o EDLG do Xan Viaño, queremos desexarvos un bo nadal. Descansade moito e collede forzas para o ano que ven.  Moitas apertas quentiñas.  Coidádevos ben e nunca xamais esquezades sorir e xogar......  e tamén tocar !! O Equipo de Biblioteca e o EDLG. CMUS Xan Viaño de Ferrol

Premiados no II Concurso de Postal de Nadal Musical

Imaxe
Boa tarde a todos e todas. Comprácenos anunciar os e as gañadoras desta nova edición do II Concurso de Postal de Nadal Musical. Antes de nada, dar as grazas pola tan boa acollida e tan numerosa participación este curso.  Por iso este ano, e saltándonos as bases publicadas un pouco presionados polo trasno Brétemo, este ano concederemos un 1º premio e catro 2ºs premios. Estaba moi reñida a cousa e a calidade das postais este ano foi moi boa, por iso fixemos unha excepción.  Todos e todas as participantes terán o seu diploma de agradecemento xunto con un pequeno agasallo. Os gañadores, levarán un vale cunha dotación económica, para canxear por material musical, cunha caducidade dun ano. Vémonos na biblioteca o día 18 de decembro ás 17:00 h. para a entrega de premios, vales e agasallos.  Grazas e parabéns a todos e todas por participar !! O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Día dos Dereitos Humáns

Imaxe
Unidos polos Dereitos Humáns 30 vídeos, 30 dereitos  

Polos Dereitos de TODOS

Imaxe
Coñeces a historia dos Dereitos Humáns?

Día Mundial para a abolición da escravitude

Imaxe
Día Mundial para a abolición da escravitude Segundo as últimas estimacións da Organización Internacional do Traballo (OIT), o traballo forzoso e o matrimonio forzado han aumentado considerablemente no últimos cinco anos. En 2021 había 10 millóns máis de persoas en situación de escravitude moderna en comparación con 2016, o que eleva o total a 50 millóns en todo o mundo. As mulleres e os nenos seguen sendo desproporcionadamente os máis vulnerables. A pesar de non estar definida na lei, a escravitude moderna utilízase como un termo xeral que abarca prácticas como o traballo forzoso e o matrimonio forzado. Fai referencia a situacións de explotación das que unha persoa non pode escapar debido a ameazas, violencia, coerción, engano ou abuso de poder. A escravitude moderna dáse en case todos os países do mundo, e traspasa todas liñas étnicas, culturais e relixiosas. Más da metade (o 52%) de todos os traballos forzados e unha cuarta parte de todos os matrimonios forzados atópanse en países de...

1 de Decembro: Día Internacional do SIDA

Imaxe
O Día Mundial da Loita contra a SIDA converteuse nun dos días da saúde máis recoñecidos e supón unha oportunidade para lembrar aos que faleceron, crear conciencia e celebrar vitorias como o acceso a servizos de prevención e tratamentos antirretrovirais. A primeira vez que se celebro o Día Mundial da Loita contra a SIDA foi en 1988 e desde esa data, o virus matou a máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, o que supón unha das epidemias máis destrutivas da Historia. A conmemoración do Día Mundial da Sida de 2025 pon de relevo como os recortes no financiamento a nivel internacional están a poñer en risco os avances logrados na resposta ao VIH. A crise actual afecta especialmente os servizos de prevención e aos programas comunitarios que apoian ás poboacións máis marxinadas, mentres que o aumento de leis punitivas dificulta aínda máis o acceso á atención. Ante este panorama, requírese un enfoque transformador que permita superar as disrupcións e manter o rumbo cara á meta de poñer fi...

Fondo Solidario de Libros no CMUS Xan Viaño de Ferrol

Imaxe
📚🧸 Fondo Solidario de Libros: ¡Participa! Dende a coordinación da  Biblioteca José Fontenla Leal  do noso centro CMUS Xan Viaño, poñemos en marcha unha fermosa iniciativa, que enmarcamos dentro do  Plan Proxecta + : o noso  Fondo Solidario de Libros . Queremos fomentar a lectura e, ao mesmo tempo, ser solidarios. A nosa proposta inclúe dúas vertentes: 1. Leva un exemplar para ti 📖 Poñemos á vosa disposición un fondo de libros para que calquera persoa que o desexe poida coller algún exemplar de balde. 2. Solidariedade Infantil e Xuvenil 🧸🏥 Tamén organizamos unha recollida de libros infantís e xuvenís para unha causa marabillosa:  doalos á Biblioteca de Pediatría do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide de Ferrol . A túa doazón pode axudar a facer máis levadeira a estancia dos nenos e nenas no hospital. Grazas de antemán pola túa colaboración! Onde e cando? 📅  Dispoñibilidade:  A partir de mañá,  mércores 2 de decembro . 📍  Lugar: ...

Marilar Aleixandre, primeira doutora honoris causa da Universidade de Almería

Imaxe
  A Universidad de Almería (UAL) investiu a Marilar Aleixandre doutora honoris nunha cerimonia na que a académica defendeu o pensamento crítico como "ferramenta poderosa" para enfrontar os desafíos da desinformación e combater o negacionismo. A catedrática ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela é a primeira muller que pasa a formar parte do claustro de honra da UAL, e tamén a primeira investigadora do campo da educación e da didáctica que acada este recoñecemento na mesma institución. Continuar lendo  aquí .

XXII Certame Xan Viaño de Creación Musical

Imaxe
Chega unha nova edición do XXII Certame Xan Viaño de Creación Musical, organizado polo Dto. de Fundamentos de Composición. O prazo de presentación das obras rematará o día 31 de marzo de 2026 as 12 p.m.! Podedes consultar as bases no arquivo adxunto.   Adxunto Tamaño XXII Certame Xan Viaño de Creación Musical curso 25-26.pdf 151.02 KB

Sofía Novoa, a galega que puxo música á Xeración do 27

Imaxe
  Imaxe da Residencia de Señoritas, versión para mulleres da Residencia de Estudantes. Conviviu coa Xeración do 27 a través da música. A galega  Sofía Novoa  trabou amizade cos grandes protagonistas daquel grupo cultural como Dalí, Lorca ou Buñuel. Nacida en  Vigo  en 1902, tivo unha vida apaixonante, na que se integrou na intelectualidade de Madrid e, tras padecer o exilio  republicano , se consagrou como catedrática en  Nova York . Sofía Novoa. O pai de Sofía,  Joaquín Novoa Barros  era xerente dunha consignataria viguesa e un activo político de esquerdas. Foi colaborador do xornal “A Loita”, amigo persoal de Pablo Iglesias e presidente da  Conxunción Republicano-Socialista  de Vigo. Entre as amizades de Don Joaquín estaba tamén o fillo da xurista Concepción Arenal, Fernando García Arenal, enxeñeiro de camiños e profesor que foi un gran renovador da Escola de Artes e Oficios. Era, á súa vez, amig...

Vivas de milagre: violencias médicas contra as mulleres do século XIX

Imaxe
  Vivas de milagre: violencias médicas contra as mulleres do século XIX O 25 de novembro é o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres. * Un artigo de Hai 25 anos que, a petición de Nacións Unidas, o mundo celebra o  Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres . Foi nunha resolución específica para a que se elixiu o día exacto do calendario:  25 de novembro , efeméride do  asasinato das irmás Mirabal , opositoras do ditador Rafael Trujillo, en República Dominicana. Aquela resolución publicada no ano 2000 recollía, en realidade, un traballo previo da propia Asemblea de Nacións Unidas que, empapada pola Terceira Onda do Feminismo dos anos setenta, celebrara unha  Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller  en 1979 e que terminou 24 anos despois cunha declaración específica sobre a  violencia de xénero , o antecedente máis próximo de todos os 25N que estarían por cheg...

Cuestionate: Loita pola igualdade

Imaxe
  A pesar dos avances conseguidos aínda queda un longo camiño por percorrer para chegar a lograr unha igualdade real entre xéneros. Os datos actuais móstrannolo; na maioría dos países as condicións de igualdade entre homes e mulleres distan moito de ser unha realidade. Se falamos de violencia, desde que se desatou o brote de COVID-19, os novos datos e informes revelan que se intensificou todo tipo de violencia contra as mulleres e as nenas, sobre todo, a violencia no fogar. É a pandemia na sombra que crece no medio da crise da COVID-19 e necesitamos un esforzo colectivo xeneral para detela. Con este vídeo que forma parte do noso quiz "questionate" queremos falar diso dunha maneira diferente, dunha maneira lúdica, para conseguir unha futura cidadanía comprometida e sensibilizada que contribúa a vencer á violencia, rompendo estereotipos e cambiando mentalidades.  Enrédate e crea fíos pola igualdade!

O ceo énchese de luz: un novo bólido ilumina a noite en Galicia

Imaxe
  Este bólido esporádico viuse na madrugada do martes 18 de novembro ás 3h17 CET sobre Estepa, Sevilla. Foto: Antonio J. Robles O meteoro especialmente brillante foi avistado dende cidades como Vigo, Santiago ou Ourense, nunha xornada na que se rexistrou unha elevada actividade destes obxectos astronómicos na península O pasado luns, 17 de novembro, algunhas persoas tiveron a sorte de observar un  bólido  no ceo de Galicia. Así o aseguraba o creador de contido galego  Pedro Davila Fernández  ( @pooochooo ) na súa canle de Instagram, onde anunciaba que acababa de ver un destes fenómenos luminosos arredor das 20:45 horas en  Mos , con vistas cara ao Morrazo. A súa publicación axiña recibiu respostas doutras persoas que tamén afirmaban ter visto o bólido dende distintos puntos:  Vigo ,  Santiago de Compostela ,  Moaña ,  Pontevedra ,  Bastavales ,  Ourense  ou mesmo  Braga . A diferenza dun meteoro común, un bólido é un...

O Día da Ilustración homenaxea a Siro o 30 de xaneiro de 2026

Imaxe
  No 2026, o Día da Ilustración , que se celebra o 30 de xaneiro, renderá homenaxe ao artista gráfico Siro López, nado en Ferrol en 1943, e que destaca polo seu traballo de caricaturista político e humorista gráfico, ademais doutras facetas como retratista, debuxante e pintor. É a segunda vez que para conmemorar esta efeméride se escolle a unha persoa en vida.

Contacontos e charla con Isabel Ramos Breijo. Na nosa biblioteca o 10 de decembro ás 17:00 h.

Imaxe
O día 10 de decembro ás 17:00 h. , teremos a visita na biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, da escritora galega ... 🌟📖🖋 Isabel Ramos Breijo (Puente de Mera, Ortigueira, 1971).  Amante da escritura dende moi nova, comezou no mundo do teatro con Roberto Leal, incorporándose posteriormente ás escolas de teatro de Narón con Luis Ramos, onde participou durante varios anos como membro activa do grupo TEN, co que representou varias obras. Nese grupo coñeceu a María Jesús Guillén (Fusa), coa que fixo o curso de perfeccionamento.  Colabora con diversas asociacións culturais e publicou os seus primeiros relatos na revista literaria Amigos de la poesía y la literatura de Narón. Tamén participa en varios obradoiros de escritura, entre eles Pluma Encendida . Forma parte como membro moi activo da Asocación Gallega de Escritores ( AGER ). Presentou o seu primeiro libro de relatos "Hasta el infinito y más allá" no ano 2022 e un ano despois, a novela negra/policíaca "El s...

Ledicia Costas, David Uclés e Lídia Jorge gañan o Premio San Clemente

Imaxe
  Pel de cordeiro  (Xerais), de Ledicia Costas;  La península de las casas vacías  (Siruela), de David Uclés; e  Misericordia   (La Umbría y La Solana), da autora portuguesa Lídia Jorge, son as novelas gañadoras da 29.ª edición do  Premio Arcebispo Juan de San Clemente , que ten como particularidade que o xurado está formado por alumnado de bachillerato de dez centros educativos de Galicia, Madrid, Reino Unido, Francia e Alemaña. Seguir lendo en  La Voz de Galicia

Concerto Teatro Jofre 4 de decembro ás 20:30 h. Le Grand Tango / Domenico Codispoti & Esteban Ocaña

Imaxe
  CONCERTOS ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN FILARMÓNICA FERROLANA 2025/26 Concerto no Teatro Jofre, o 4 de decembro ás 20:30 h.  Le Grand Tango  Domenico Codispoti & Esteban Ocaña PROGRAMA : Tangata Suite Porteña Verano Porteño Le Grand Tango Milonga del Ángel Adiós Nonino Michelangelo 70 Links https://legrandtango.com https://domenicocodispoti.net https://www.instagram.com/esteban.o.molina

Nova ligazón no blog: Biblioteca Infantil Fundación ONCE

Imaxe
Dende o Equipo da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, achegamos unha nova ligazón ao blog. Podedes atopala na columna da esquerda, xunto coas guías e recomendacións de lecturas.  A sección chámase Biblioteca Infantil Fundación ONCE.   Aquí tedes unha axuda para que a poidades atopar no blog. Esperamos que sexa de axuda e interese. Equipo de Biblioteca