CURSO 2015-2016
"Biblioteca escolar, base
de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da
campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como
reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos
seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe.
A imaxe do cartel responde á
interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO, e ten
suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do
alumnado.
En efecto, a biblioteca escolar pode
ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios;
os materiais impresos e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre
todo aquelo que queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación
individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de
oportunidades de aprendizaxe.
O lema "Biblioteca
escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar
fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo
outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para
novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e
aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura
dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
Información orixinal aquí: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/802 (Recoméndase e agradécese, neste caso, referenciar a fonte)
ResponderEliminar