TRIVIAL MUSICAL. Concerto 28 de marzo
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro luns 28
de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas
que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro
mércores 16 de marzo (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿de
qué instrumento se trata?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: El concierto de flauta de Nielsen ¿dentro
de que estilo se encadra?
¡¡¡Moita sorte!!!
Marzo
Data:
luns 28 de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
ORQUESTA
JOVEN DE LA OSG
Alberto
Zedda, director
Silvia
Rozas, solista
Programa:
J.
Brahms (1833-97). Obertura Trágica en re menor Op. 81
C.
Nielsen (1865-1931). Concierto para flauta
A. Bruckner (1824-96). Sinfonía nº 1 en Do menor
Comentarios
Publicar un comentario