TRIVIAL MUSICAL. Concerto 8 de abril
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 8
de abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas
que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro luns 4 de abril
(ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: De
qué instrumento trátase?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Qué é unha obertura?
¡¡¡Moita sorte!!!
Abril
Data:
venres 8 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
REAL
FILHARMONÍA DE GALICIA
Cristoph
König, director
Jordi
Ortega, trompa
Programa:
J.
Offenbach (1819-80). Obertura La bella Helena
W. A.
Mozart (1756-91). Concierto para trompa y orquesta nº 3 en mi bemol mayor K.447
R.
Schumann (1810-56). Sinfonía nº 1 en si bemol mayor, Op. 38 (Primavera)
Comentarios
Publicar un comentario