TRIVIAL MUSICAL - 3 de xuño
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 3 de xuño, último concerto da tempada. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 30 de Maio (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: brevemente ¿qué é "música incidental"?
¡¡¡Moita sorte!!!
Xuño
Data: venres 3 de xuño, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA
Programa:
G. Rossini (1792-1868): Guillermo Tell (obertura)
S. Barber (1910-81): Adagio
E. Grieg (1843-1907): Peer Gynt - suite
L. v. Beethoven (1770-1827): Sinfonía nº 5
Comentarios
Publicar un comentario