TRIVIAL MUSICAL. Concerto 19 de maio
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a
Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ó concerto do vindeiro xoves 19 de Maio. Para participar teredes que
contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén
no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A data límite para recibir os
vosos correos é o vindeiro mércores 11 de Maio (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿qué instrumento é o da imaxe?
PREGUNTA
GRAO PROFESIONAL: No
programa do concerto, ¿en qué peza intervén a voz (soprano)?
¡¡¡Moita sorte!!!
Maio
Data:
xoves 19 de maio, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
ORQUESTA SINFONICA DE
GALICIA
Juanjo Mena, director
Marie-Pierre
Langlamet, arpa
Raquel Lojendio,
soprano
Programa:
C. Debussy
(1862-1918): Iberia
A. Ginastera
(1916-83): Concierto para arpa
M. Falla (1876-1946):
El sombrero de tres picos (completo)
Comentarios
Publicar un comentario