ESTREAMOS TRIVIAL MUSICAL - Concerto 28 de setembro
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 28 de setembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 25 de setembro (ata as 10:00 h).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
O violín é un instrumento de corda frotada, ¿poderías enumerar outro instrumento da súa familia?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
No
concerto do día 28 escoitarase un bandoneón, ¿saberías describilo brevemente?
¡¡¡Moita sorte!!!
Setembro
Data: xoves 28 de setembro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
Camerata Nuestro Tiempo
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario