RECORDATORIO: trivial musical para o 6 de abril
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 6 de abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro martes 3 de abril(ata as 10:00 horas)
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ordena estas vocês de mais grave a mais agudo
Soprano – bajo – contralto - tenor
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Define brevemente “Requiem”
¡¡¡Moita sorte!!!
Abril
Data: venres 6 de abril, a las 20.30 horas Sala: Auditorio de Ferrol
CORO DE LA OSG
Director: Joan Company
Programa:
Fauré: Requiem
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario