TRIVIAL MUSICAL - Concerto 15 de marzo


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 15 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estrita orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as

 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 12 de marzo (ata as 10:00 horas).



PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Escribe tres términos relativos á dinâmica (os que queiras)


PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:  Define brevemente, que é o “jazz”?

¡¡¡Moita sorte!!!

 Marzo                                                                                                    


Old Jazz Band Praga


Programa: Jass americano, inglés e brasileiro



  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

XEOGRAFÍAS SONORAS: FIN DA NOSA VIAXE.

RETO: A CASA DE JOSÉ FONTENLA LEAL