TRIVIAL MUSICAL: concerto 16 maio
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do mércores 16 de maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 11 de maio (ata as 10:00 horas).
Entre os participantes se sortearán 5 CDs coa integral de piano de Marcial de Adalid.
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: É o piano un instrumento que forme parte da plantilla orquestral?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Escribe catro liñas sobre o autor “Marcial de Adalid”
¡¡¡Moita sorte!!!
Maio
Programa:
El piano romántico: Marcial de Adalid y Chopin
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario