TRIVIAL MUSICAL - Concerto 24 de maio
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do xoves 24 de maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..
No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 21 de maio (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: a qué familia instrumental pertence o arpa?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: comenta algún dato que coñezas de Gliére
¡¡Moita sorte!!!
Maio
Data: xoves 24 de maio, a las 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
Orquestra Sinfónica de Galicia
Arpa: Xavier de Maistre
Programa:
Svetlanov:
Images d’Espagne, Papsodia para orquesta
Gliére:
Concierto para arpa y orquesta
Chaikovski:
Suite nº 3
Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/
Comentarios
Publicar un comentario