TRIVIAL MUSICAL: concerto 13 de marzo
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a
Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ó concerto do vindeiro 13 de marzo de 2019. Para participar teredes que
contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén
no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite: o
vindeiro 8 de marzo (ata as 10:00 horas)
PREGUNTA
GRAO ELEMENTAL: que sabes do “Titanic”?
PREGUNTA
GRAO PROFESIONAL: na páxina da orquestra di así: "durante os 4 días que duró a travesía do Titanic ata a noite do 14 de abril de 1912,
escoitábase cada día no salón de primeira clase á “Orquestra do Titánic”, que
interpretaba música de salón"... que pezas poderíanse escoitar?
¡¡¡Moita sorte!!!
Marzo, a música que se
escoitaba no Titanic
Data:
13 de marzo ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Sala: Teatro Jofre
SOLISTAS ORQUESTA DE CÁMARA “ANDRÉS SEGOVIA”
Victor Ambroa (violín y dirección); Juan Mira (violín); Irene Núñez (viola);
Angel García-Jermann (cello); Marta García (contrabajo); Jesús Mozo-Colmenero
(acordeón); Alberto Martín (piano y arreglos)
Programa:
1-Johann Strauss: Schatzwalzer Op. 418
2-Paul Lincke: Gavotte from Lysistrat
3-Edgar Elgar: Salut d`amor
4-J. Malats: Serenata Española
5-Antonin Dvorak: Humoresque
6-Scott Joplin: Bethena
7-Scott Joplin: The eassy winners-Ragtime
8-J. Strauss: Rosas del sur Op. 388
9-Piotr I. Tchaikovsky: None but the lonely hearts
10-Percy A. Grainger: Molly on the shore
11-Paul Lincke: Wedding Dance Waltz
12-Irving Berlin: Alexander`s Ragtime Band
13-Franz Lehars: La viuda alegre (Vals)
14-Sydney Bayness: Destiny (Valse lente)
15-Robert Sousa: El capitán
Máis información en: http://orquestacamara-andres-segovia.com/la-musica-que-se-escuchaba-en-el-titanic/
(fonte)
Comentarios
Publicar un comentario