TRIVIAL MUSICAL: concerto 21 de febreiro


 
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 21 de febreiro de 2019.Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite: é o vindeiro 18 de febreiro (ata as 10:00 horas)
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:  cantas cordas ten os violíns?
 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: en que estilo encadrarías a Brahms e Beethoven?
  
¡¡¡Moita sorte!!! 

 
 Febreiro                                                                                                             

Data: 21 de febreiro ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
 

 

Orquestra Sinfónica de Galicia


David Grimal, Director Artístico e solista

 Programa:

Concierto para violín y Orquesta, en Re M, Op. 77 (J. Brahms)

Sinfonía nº 7 en La M Op, 92 (L. van Beethoven)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL