III SEMANA DO PIANO: audicións comparadas
Celebramos estes días
a III Semana do Piano no CMUS Xan Viaño de Ferrol,
organizada polo Departamento de Piano.
Tras o éxito do ano pasado, volvemos a
plantexar unha actividade de “Audicións comparadas”, a través do Blog da
Biblioteca.
Nos seguintes enlaces presentamos tres
versións moi diferentes da Polonesa nº 6 “Heroica” do
compositor romántico Frédéric Chopin.
Pica no enlace e
escoita con atención as tres interpretacións. Que versión gustouche mais? Por que?
Podes votar pola tua
versión preferida na Biblioteca do conservatorio, onde colocamos unha urna
durante toda esta semana. Entre os participantes sortearemos un agasaio moi
especial!
Anímate, escoita e participa!!
Versión de
Vladimir Horowitz (1903-1989)
Versión de Martha Argerich (1941)
Versión de Arthur Rubinstein (1887-1982)
Comentarios
Publicar un comentario