TRIVIAL MUSICAL, concerto 28 de marzo
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana,
a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ó concerto do vindeiro 28 de marzo de 2019.Para participar teredes que
contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén
no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro
25 de marzo (ata as 10:00 horas)
PREGUNTA
GRAO ELEMENTAL: no concerto
interpretarase o “concerto para piano y orquesta nº 5, en mi bemol mayor, op.
73” de Beethoven... que armadura ten mi b mayor?.
PREGUNTA
GRAO PROFESIONAL: cita a nacionalidade e estilo dos autores do concerto.
¡¡¡Moita sorte!!!
Data:
28 de marzo ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Sala: Auditorio de Ferrol
Fonte: Sociedade Filarmónica Ferrolana
ORQUESTA Y CORO DE LA OSG
DIMA SLOBODENIOUK, director
NELSON
FREIRE, piano
PROGRAMA:
JOHANNES
BRAHMS
Nanie, op. 82
JOHANNES BRAHMS
Canción del destino, op. 54
LUDWIG VAN BEETHOVEN
Concierto para piano y orquesta nº 5, en mi
bemol mayor, op. 73, Emperador
Comentarios
Publicar un comentario