NOVIDADE: Ferrol, os libros e as bibliotecas
Ferrol, os libros e as bibliotecas
Grazas ao Concello de Ferrol, temo un exemplar de "Ferrol, os libros e as bibliotecas" que está a vosa dispocición na biblioteca (R.C 115, *R7054). A continuación o resumo que presenta o libro:
"Esta publicación, Ferrol, os libros e as bibliotecas, inclúe un estudo por períodos dos libros mais relevantes editados na cidade dende o ano 1803 ao 2019, así como dos centros de lectura pública existentes en Ferrol entre os séulos XIX e XXI.
Cínguese exclusivamente ás publicacións bibliográficas (libros e folletos) e non as publicacións hemerográficas (diarios e revistas). O oitenta por cento das obras descritas nas súas páxinas poden consultarte na sección do Fondo Local da Biblioteca Municipal de Ferrol".
Comentarios
Publicar un comentario