17 DE MAIO: LETRAS GALEGAS a FLORENCIO DELGADO

Este ano o día das letras galegas adícaselle a Florencio Delgado Gurriarán (nado en Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, Ourense; 27 de agosto de 1903 - Fair Oaks. Estados Unidos; 14 de maio de 1987).

Florencio Delgado foi un escritor galego en lingua galega. Estudou na Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito, chegando a ser avogado no Barco de Valdeorras. En 1933 afiliouse ao Partido Galeguista. Despois do estalido da Guerra Civil, conseguiu fuxir da represión iniciada na comarca de Valdeorras polos rebeldes en xullo de 1936, ata chegar a Oporto, Portugal, desde onde puido trasladarse a Burdeos (Francia) para chegar á Barcelona Republicana, ​​en xaneiro de 1938.

Nese mesmo ano ingresou na executiva do Partido Galeguista como secretario de Propaganda. Rematada a Guerra Civil exiliouse en México, país onde se estableceu definitivamente.

Morreu o 14 de maio de 1987 en Fair Oaks, Estados Unidos, aos 83 anos.

Florencio Delgado Gurriarán foi un home que entendeu a importancia da poesía como instrumento para a democratización das voces populares e, ao mesmo tempo, como salvagarda da memoria común de todo o pobo galego. Todo isto é posible grazas a poesía: a preservación do patrimonio cultural dun pobo, pero tamén do seu patrimonio emocional.

Entre as súas obras máis destacadas destacan:

  • Bebedeira, 1934 (poemario).
  • Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. 1949 
  • Galicia infinda, 1963
  • O soño do guieiro, 1983




Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

GRANDES LECTORES 22-23