SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 3 de xuño. Gustaríate asistir?
Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana dez alumnos/as do conservatorio poderán ir de balde ao concerto. É doado. Só tes que seguir uns pasos sinxelos:
1. Data límite para reservar a túa entrada: mércores 1/6/22 ata o peche do conservatorio.
Podes reservala apuntándote na lista de conserxería ou escribindo un correo electrónico a:
biblioteca.cmus.xanviano@edu.xunta.gal. No asunto especifica "concerto 3 de xuño" e escribe o teu nome completo e o curso que estudas no conservatorio.
2. As entradas (10) adxudicaranse por estricta orde de entrada nas listas. Unha soa entrada por alumno/a.
3. As entradas recolleranse o xoves día 2 pola tarde na Conserxería do conservatorio.
4. As entradas son personais e intransferibles. A Taquilla do Jofre terá un listado cos/coas alumnos/as que leven entrada. O seus teléfonos de contacto serán facilitados á billeteira do Jofre segundo o protocolo da Sociedade.
Comentarios
Publicar un comentario