4 DE XANEIRO: DÍA MUNDIAL DO BRAILLE
O BRAILLE é un sistema alfabético en relieve ideado para representar letras, signos de puntuación, números, escritura científica, símbolos matemáticos e música.
O alfabeto braille consta de celas elevadas de seis puntos, dispostas como unha matriz de tres filas por dúas columnas, que se numeran de forma convencional de arriba abaixo e de esquerda a dereita. A presenza ou ausencia de puntos permite a codificación dos símbolos. A través destes seis puntos obtéñense 64 combinacións diferentes.
Tamén hai signos distintivos especiais para converter a letra maiúscula, cursiva, número ou nota musical.
Na actualidade existen bibliotecas en Braïlle como TIFLOLIBROS. Aquí deixamos este vídeo para que lle botedes un vistazo!
Comentarios
Publicar un comentario