8 DE MARZO NA BIBLIOTECA
Con motivo do Día Internacional da Muller, fixemos unha pequena exposición con fondos seleccionados de mulleres: intérpretes, escritoras, ilustradoras, compositoras, etc... Esperamos que os animades a curiosear por eles. A exposición estará ata o 10 de marzo. Tamén podedes descargarvos un tríptico cunha pequena selección de compositoras de música contemporánea e unha mostra algo máis ampla de " mulleres no noso catálogo ". Recomendacións de escoita: mulleres na música contemporánea E non vos esquecedes de coller unha frase inspiradora... Feliz semana.
Comentarios
Publicar un comentario