Blog da Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol
ANPA: ENTRADAS PARA CONCERTO
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
O ANPA ten a voso dispor 20 entradas cedidas pola ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA para o concerto do día 12-12-2015 ás 20 horas no PALACIO DA ÓPERA DA CORUÑA
Música, ciencia e emoción: o concerto de Sensoxenoma converte o Auditorio de Galicia nun gran laboratorio Duascentas persoas do público participaron como doantes no proxecto desenvolto por dous grupos de investigación do IDIS e da USC Este ano celebrouse a quinta edición do concerto. Imaxe: IDIS Case un milleiro de persoas déronse cita este venres, 25 de setembro, no Auditorio de Galicia para participar en Sensoxenoma 26 , a quinta edición da iniciativa que estuda de forma sistemática a resposta biolóxica humana ante os estímulos musicais . Trátase dun proxecto concibido e desenvolvido integramente polos grupos de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) GenPoB e GenVip , liderados polos doutores e catedráticos Antonio Salas e Federico Martinón-Torres , respectivamente. A coordinadora de Sensoxenoma, Laura Navarro Ramón , agradeceu especialmente a colaboración das 200 persoas do público que participaron como doantes nesta quinta edición do proxecto e que...
XA PODEDES PARTICIPAR !!! TEDES O BUZÓN NA BIBLIOTECA PARA DEPOSITAR AS VOSAS CREACIÓNS. A POSTAL GAÑADORA CO 1º PREMIO FARASE PÚBLICA NA PÁXINA WEB DO CENTRO E TAMÉN SE ENVIARÁ ÁS FAMILIAS POR CENTROS NET PARA FELICITAR O NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. LEMBRADE LER BEN AS BASES, SOBRE TODO EN RELACIÓN Á LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS. SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA, PREGUNTADE A UN DOCENTE DE GARDA QUE ESTEA NA BIBLIOTECA OU Á COORDINADORA NO AULA 15, SORAYA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!
A Real Academia salda unha débeda co feminismo e co xornalismo: Begoña Caamaño , Letras Galegas 2026. A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a protagonista das próximas Letras Galegas. Así o anunciou este venres a Real Academia Galega (RAG) nunha rolda de prensa no pazo de María Pita, en A Coruña, onde a institución ten unha das súas sedes mentres se reforma o seu edificio na cidade. O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, subliñou que as Letras do 2026 serán «unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño». Ademais, sinalou que tamén serve para poñer o foco nos xornalistas «nun momento histórico oportuno para isto». Sobre a súa obra, indicou que aborda a mitoloxía clásica e artúrica. En canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica». Seguir lendo en La Voz de Galicia
Comentarios
Publicar un comentario