TRIVIAL MUSICAL: concerto 21 decembro, con tempo
Grazas
á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 21 de
decembro de 2018. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha
das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do
Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no
asunto especificar “TRIVIAL”.
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro 18 de decembro (ata as 10:00
horas)
PREGUNTA
GRAO ELEMENTAL: Cita dous instrumentos de vento metal.
PREGUNTA
GRAO PROFESIONAL: no programa hai un autor impresionista... saberías dicir cal
é?
¡¡¡Moita sorte!!!
Decembro
Data: 21 de decembro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol
Real Filharmonía de Galicia
Fonte: http://www.rfgalicia.org/es/conciertos/concierto-en-ferrol-8
CONCERTO DE NAVIDAD
Francesc Prat, director
Programa:
J. Ph. Rameau: Las indias galantes (selección)
Claude Debussy: Pequeña Suite
C.W. Gluck: Armide-Chacona (ballet) del Acto 5 escena
2
F. J. Haydn: Sinfonía nº 82 en Do mayor “El oso”
Comentarios
Publicar un comentario