Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

Premio Planeta 2024 para outra muller: Paloma Sánchez-Garnica

Imaxe
  Paloma Sánchez- Garnica A madrileña  Paloma Sánchez-Garnica  é a gañadora do Premio Planeta 2024 pola súa novela  Victoria.  A escritora xa fora finalista no ano 2021 coa obra  Últimos días en Berlín . Nas súas palabras,  Victoria  "non é unha novela de periodistas, pero si amosa a importancia do periodismo nun dos dereitos fundamentais dunha sociedade civilizada: o dereito a información veraz e contrastada".

Concerto o 24 de outubro as 20:30 h. no Auditorio de Ferrol. Sociedade Filarmónica Ferrolana.

Imaxe
  Preme na imaxe para obter máis información deste concerto

Celebremos hoxe o Día das Escritoras !

Imaxe
  No Día das Escritoras, reivindicamos o labor e o legado literario de todas aquelas mulleres que tantas veces foron relegadas a un segundo plano e silenciadas ao longo da historia. Esta conmemoración celébrase sempre o luns máis próximo ao 15 de outubro , aniversario do falecemento de Teresa de Jesús (1515-1582).  Este ano leva por lema  A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural . Rosalía de Castro y Pardo Bazán, entre las homenajeadas en el Día de las Escritoras. A novena edición desta xornada organizada pola Biblioteca Nacional de España ten como  leitmotiv « La periferia de la periferia, mujeres que miraron al mundo rural » Cada ano, no luns máis próximo ao 15 de outubro, aniversario do falecemento de Teresa de Jesús, a Biblioteca Nacional de España celebra o « Día de las Escritoras ». Neste 2024 chégase á novena edición, na que o leitmotiv da xornada é « La periferia de la periferia, mujeres que miraron al mundo rural » e entre os nomes homenaxeados están os d

10 de outubro de 2024, Día Mundial da Saúde Mental

Imaxe
  "A saúde mental é un dereito humano fundamental" O Día Mundial da Saúde Mental, conmemorado o 10 de outubro, ten como obxectivo sensibilizar e crear conciencia sobre cuestións relacionadas coa saúde mental en todo o mundo. Esta xornada promove a importancia de coidar a nosa saúde mental, así como loitas contra o estigma cara aos trastornos mentais e promover o acceso equitativo a servizos de saúde mental de calidade. Enfócase en temas como a prevención do suicidio, a atención a trastornos como a depresión e a ansiedade, e a promoción do benestar psicolóxico en todas as etapas da vida. Durante este día, organízanse eventos, campañas de concienciación e actividades para fomentar o diálogo aberto sobre a saúde mental e brindar apoio a quen o necesita. O obxectivo é crear comunidades máis comprensivas e solidarias, onde as persoas poidan buscar axuda sen temor ao estigma e recibir o apoio necesario para recuperarse e prosperar. Tamén chega unha nova neste día con moita ilusión.

Un estudo galego revela que as persoas con demencia teñen máis sensibilidade á música

Imaxe
  O proxecto Sensoxenona evidencia que a música “afina” a expresión dos xenes alterados en pacientes con enfermidades neurodexenerativas Un dos concertos de Sensoxenoma. FOTO: Real Filarmonía de Galicia O proxecto galego  Sensoxenoma  acaba de alcanzar as primeiras evidencias que axudarían a entender obxectivamente, por vez primeira, o efecto beneficioso da música en persoas con deterioro cognitivo. O estudo analizou o universo de moléculas que se expresan a partir de ADN dunha persoa como resposta a un estímulo musical, o que se coñece como o  transcriptoma . Para máis información, preme nesta ligazón .

A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786

Imaxe
  Muiñeira representada no gravado que Mariano Ovejero realizou do cadro de Dionisio Fierros de 1858 Unha tese da USC analiza a danza e composición musical tradicional como un "elemento identitario" da Galicia do século XIX A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época. Así o recolle a tese de  Julio Alonso Monteagudo , investigador da Universidade de Santiago (USC). No seu traballo consegue datar no Nadal de 1786 a primeira muiñeira con notación musical, asinada por Melchor López, mestre da capela da catedral compostelá. Aquí tedes nesta ligazón máis información.

Atopados na Fonsagrada fósiles de escorpións mariños xigantes de hai 434 millóns de anos...

Imaxe
  Na esquerda, reconstrución artística do escorpión xigante. Na dereita, fósil dun fragmento cutirular de euriptérido atopado na Fonsagrada. Fotos: Wikipedia / Juan Carlos Gutiérrez-Marco. Juan Carlos Gutiérrez-Marco, responsable da investigación: "É un descubrimento importante para a paleontoloxía en Galicia” No  Silúrico , un período de tempo  pertencente á era do Paleozoico , apareceron os primeiros peixes cartilaxinosos e os tiburóns espiñentos. As plantas terrestres só se atopaban nas rexións pantanosas, e os mares cálidos cubrían a meirande parte das masas de terra no ecuador do planeta. Coa chegada deste período,  hai  443,8 millóns de anos , os  glaciares retiráronse  cara o Polo Norte, ata case desaparecer. Isto fixo que  aumentara o nivel dos océanos , deixando para o futuro unha  chea de rexistros de sedimentos mariños  agochados nas rochas de todo o mundo.  Aínda non existía Europa : a  Península Ibérica e  Galicia  pertencían ao continente de Gondwana . As XXXIX Xorna

Victor Ambros e Gary Ruvkun, gañadores do premio Nobel de Fisioloxía ou Mediciña 2024

Imaxe
  Victor Ambros e Gary Ruvkun, Nobel de Mediciña 2024 por descubrir o microARN O galardón de este ano conmemora aos científicos por atopar o principio fundamental que rixe a regulación da actividade dos xenes. Ambros traballa na Facultade de Mediciña da Universidade de Massachusetts e Ruvkun na de Harvard, en EE UU. Ambros e Ruvkun Ambros e Ruvkun interesáronse por cómo se desenvolven os distintos tipos de células e descubriron o microARN , unha nova clase de diminutas moléculas de ARN Deixamos unha ligazón por se queres ter máis información deste premio que foi concedido.

Entrega de carnés da biblioteca aos novos lectores do CMUS Xan Viaño :D

Imaxe
Esta é unha semana moi especial para o novo alumnado do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol. Dende a coordinación de biblioteca, faranse unhas sesións de visitas guiadas para amosarlle ao novo alumnado, a biblioteca e o seu funcionamento e farase entrega dos carnés .  Nelas, o alumnado aprendará a manexar os diferentes fondos co seu carné ou número de usuario persoal o cal se lle entragará nese momento.  Tamén farese entrega dun documento informativo cun código QR para visitar o blog da biblioteca e a páxina web do centro. Recomendamos visitar o blog semanalmente xa que nel, irase actualizando a información relacionada con diversas actividades, concursos, novidades lectoras, etc. E por último, tamén quixemos engadir un rexistro individual de lectura parar ter na casa. Nel poden ir anotando os fondos que van collendo e, a final de curso, 💥 premiaremos ao/a lector/a máis implicado e que retirou máís fondos. Aquel alumnado que xa é lector do centro e quere ter es

Concurso microrrelatos Samaín 2024

Imaxe
  Desde o EDLG e dende o Equipo da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, propoñémosvos un concurso de microrrelatos para o Samaín de 2024. Podedes consultar as bases aquí indicadas , así coma nos carteis que haberá colocados polo centro.  Animádevos a participar!