19 de NOVEMBRO: DÍA DA FILOSOFÍA
"A UNESCO comenzou a celebrar o Día Mundial da Filosofía en 2002 aínda que non foi ata o 2005 no que declarou a súa conmemoración oficialmente o terceiro xoves do mes de novembro.
Escultura do pensador de Rodin (París)
Fonte: Día internacional de .com
Os principais obxectivos do Día Mundial da Filosofía son os seguintes:
- Renovar o compromiso rexional e internacional a favor da filosofía.
- Promover a investigación e a análise filosófico sobre os grandes problemas da humanidade para poder responder mellor aos desafíos do mundo contemporáneo.
- Concienciar á opinión pública sobre a importancia da filosofía e o seu emprego para tomar decisións importantes.
- Facer un balance da situación do ensino sobre a filosofía no mundo.
- Subliñar a importancia do ensino filosófico para las xeracións futuras.
Tema do Día Mundial da Filosofía para 2020
Neste 2020 a campaña céntrase na importancia da filosofía en diferentes contextos rexionais: comunidades, cidades, pobos, teñen moito que decir sobre os problemas mundiais e as súas contribucións deben ser escoitadas e tidas en conta, e só así se avanzará na solución dos retos a nivel mundial."
Animádevos a escoitar ao gran Gustavo Bueno, na primeira sesión dun curso sobre Filosofía que deu no Conservatorio Superior de Música de Oviedo en 2007. Se vos gusta os resto das sesións atoparédelas en youtube tamén.
Comentarios
Publicar un comentario