Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

Cinco libros para agasallar ciencia

Imaxe
  Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega A literatura e a ciencia, dúas ferramentas fundamentais para coñecer e comprender o mundo, entrelázanse nos libros de divulgación científica. Este Nadal é un bo momento para impulsar a ciencia pero tamén a nosa lingua. Para que o galego continúe sendo unha lingua vizosa e siga configurando o pensamento da cidadanía, a divulgación científica é fundamental tanto entre o público adulto como o máis novo. Aquí achégase unha listaxe con libros cos que reflexionar sobre a importancia da ciencia para superar as crises, comprender o presente e tomar decisións para o futuro. A lectura é unha forma de evasión e de enriquecemento e non só para os adultos, senón que a través da literatura tamén se pode introducir os nenos no coñecemento científico. Consciencia. A ciencia que nos salvou da pandemia ,  Sonia Villapol Un libro para reflexionar sobre a covid e sobre as aprendizaxes c...

Cantareira, dina, fala, meu… Estas son as seis candidatas a Palabra do Ano 2024

Imaxe
  A Real Aca demia Galega abre a fase de votación popular para elixir o vocablo que sucederá a cibercarracho, comadre e tanxugueiras Termos finalistas para Palabra do Ano 2024. Foto: RAG Aparvar(se), cantareira, dina, emerxencia climática, fala e meu son as  finalistas para Palabra do Ano 2024  da Real Academia Galega (RAG). Os vocábulos, que apelan de distinta maneira a temas que marcaron a actualidade dos últimos meses, responden dende a lingua propia a expresións alleas ou mesmo miran con ilusión cara ao 2025, cando se dedicará o  Día das Letras Galegas á poesía popular oral  e ás mulleres que a transmitiron ao longo dos séculos coas súas voces. A votación telemática para escoller a gañadora, que deu comezo este mércores, permanecerá  aberta ata as 23:59 horas do 25 de decembro  a través do Portal das Palabras da RAG. Neste 2024 medrou aínda máis a preocupación polos efectos do  consumo excesivo de contidos nas red...

Animais, auroras boreais, eclipse de sol… As mellores imaxes científicas de 2024

Imaxe
  A revista 'Nature' publica unha escolma das fotografías máis representativas do ano Un cemiterio de baleas sacrificadas polos humanos no fondo do océano en Groenlandia. Fotografía gañadora do premio Fotógrafo Submarino do Ano 2024. Imaxe de Alex Dawson. A revista  Nature   fixo unha selección de imaxes científicas para destacar aquelas máis representativas ou rechamantes de 2024. As instantáneas recollen desde acontecementos como a eclipse de sol total do 8 de abril deste ano —que se puido ver en gran parte de América do Norte— e outros fenómenos naturais como a chuvia de meteoros das  Perseidas , o Etna producindo aneis de vórtice volcánico ou as precipitacións torrenciais en Kenia (África). Tamén recada outras fotografías icónicas como pingüíns precipitándose ao baleiro e a Estación Espacial Internacional durante as auroras na Terra. Estas son algunhas delas: Primeiro plano dun escaravello vermello Primeiro plano dun  escaravello vermello  ( Rhynchophor...

Rosa Cedrón ingresa na Academia de Belas Artes con discurso e concerto no Conservatorio da Coruña

Imaxe
  A ceremonia celebrarase este sábado a mediodía nun acto no que Juan Pedro Durán será o encargado de dar resposta á intérprete. A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará mañá sábado, 21 de decembro, unha sesión extraordinaria pública para a recepción da nova académica numeraria da sección de  Música   Rosa Cedrón   Fernández. Será no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da   Coruña   ás doce do mediodía nun acto no que a cantante pronunciará un discurso que levará por título “Entre dous mares: Do mundano ao transcendental”. Non só falará, senón que, ademáis, interpretará varias pezas musicais da súa traxectoria. En nome da Academia que preside Manuel Quintana Martelo daralle a benvida e resposta o tamén académico, músico e compositor Juan Pedro Durán nun encontro ó que está previsto asistan numerosas autoridades, entre elas a presidenta do   Consello da Cultura Galega , Rosario Álvarez, ademáis de representantes e c...

Guía "De inclusión": libros e materiais para persoas con diversidade funcional

Imaxe
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Guía  De inclusión  na que recolle toda clase de materiais que facilitan a lectura a todo tipo de persoas con algún xénero de diversidade funcional. A inclusión é un dereito que atinxe a toda a sociedade polo que buscar a integración de toda a cidadanía na cultura propia é absolutamente imprescindible para falar de democracia e igualdade de oportunidades nas que se teñe en conta a situación de cada unha das persoas que forman parte do entramado social. Trátase duns materiais imprescindibles para todas as persoas mediadoras do libro e a rapazada, que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social. A guía está organizada de forma que lle dea servizo a unha biblioteca inclusiva con toda clase de recur...

Galicia supera as 200 árbores senlleiras coa incorporación de oito novos elementos

Imaxe
  Un exemplar de cerquiño en Santigoso e unha araucaria no pazo de Lourizán son algúns dos novos monumentos vexetais galegos O castelo de Sobroso, no lugar de Vilasobroso (Mondariz) é onde está ubicado o alcanforeiro. Oito monumentos vexetais comezan a formar parte do  Catálogo galego de árbores senlleiras .  O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución pola que se incorporan estes  novos elementos  localizados en A Mezquita, Pontevedra, Mondariz e Vilagarcía de Arousa. As árbores incluídas son un exemplar de  cerquiño  ( Quercus pyrenaica Wild ) situado na localidade de Santigoso, no concello da Mezquita (Ourense); unha  araucaria  ( Araucaria angustifolia ) localizada no pazo de Lourizán (Pontevedra); un  alcanforeiro  ( Cinnamomum camphora ) no castelo de Sobroso de Mondariz; e outras  cinco formacións , todas elas no pazo de Rubiáns, no concello de Vilargacía de Arousa. En concreto, nesta localización está...