Rosa Cedrón ingresa na Academia de Belas Artes con discurso e concerto no Conservatorio da Coruña
A ceremonia celebrarase este sábado a mediodía nun acto no que Juan Pedro Durán será o encargado de dar resposta á intérprete. A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará mañá sábado, 21 de decembro, unha sesión extraordinaria pública para a recepción da nova académica numeraria da sección de Música Rosa Cedrón Fernández. Será no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña ás doce do mediodía nun acto no que a cantante pronunciará un discurso que levará por título “Entre dous mares: Do mundano ao transcendental”. Non só falará, senón que, ademáis, interpretará varias pezas musicais da súa traxectoria. En nome da Academia que preside Manuel Quintana Martelo daralle a benvida e resposta o tamén académico, músico e compositor Juan Pedro Durán nun encontro ó que está previsto asistan numerosas autoridades, entre elas a presidenta do Consello da Cultura Galega , Rosario Álvarez, ademáis de representantes e c...