Publicacións

PRESENTACIÓN DUN NOVO DISCO: LULAVAI "Lémbrame un soño"

Imaxe
 A historia de "Lulavai" comeza na "Escola de Artes e Oficios" de Vigo onde as catro integrantes coñécense (Paula Oanes, Josefa Fernández, Lorena Reinaldo e mais Elena Paz). Estudian arpa céltica co profesor Rodrigo Romaní e pasan a formar parte da sección de arpas da Orquesta Folc "SonDeSeu". En 2007 decidiron crear " Lulavai ", un proxecto no que o son de 4 arpas e 4 voces xúntanse para interepretar cunha sonoridade moi persoal temas tradicionais e de autor, mesturados con arranxos.  “CorDasVerbas” (SUL producciones, 2010) Este cuarteto presenta mañá en Vigo  Lémbrame un soño , o seu segundo traballo, no que manteñen ese característico son, agora con máis composicións propias.  "Lémbrame un soño" (2015). Fonte: A Voz de Galicia    Podedes ler unha pequena entrevista a Lorena Reinaldo (Ourense, 1978) en "La Voz de Galicia" do sábado 31 de xaneiro sobre este segundo disco:   http://ww...

PREMIADOS - I Concurso de Debuxo e I Concurso de Contos "Música para a Paz"

Imaxe
O equipo de Dinamización da Convivencia facilítanos a acta dos Concursos de debuxo e conto así coma unha bonita lembranza deste día.         Noraboa a tod@s

PROGRAMA DO CONCERTO POLA PAZ - Venres 30 de Xaneiro ás 19:00

Imaxe
Este é o programa do concerto de mañá venres 30 de xaneiro que terá lugar no Auditorio do CMUS Xan Viaño ás 19:00 horas a cargo de alumnos e alumnas de diversas especialidades do CMUS en homenaxe á convivencia e a paz. Estamos todos invitados.   Un saúdo

A BELEZA DA MÚSICA

Imaxe
Onte tivo lugar o concerto "A beleza da música" dentro das actividades organizadas nesta semana da Paz e onde os alumnos de piano con obras de Tchaikovsky desplegaron todo o seu bo facer. O concerto foi no Auditorio do conservatorio, adornado con pombas de diferentes cores e o retrato do compositor proxectado na pantalla. Subimos unha foto dun momento do concerto que amablemente facilítannos desde o equipo de convivencia.    Participaron alumnos dos profesores Lidia Espido, Loreto Pérez, Alexandra Pita e Paulo Rodríguez.    Noraboa a todos os participantes, os seus profesores e organizadores pola fantástica velada.

ENTREGA DE PREMIOS - I Concurso de Debuxo e I Concurso de Contos "Música para a Paz"

Imaxe
¡Reuniuse o xurado!   ¡Non esquecedes! O xoves 29 ás 19:00 no Auditorio do CMUS Xan Viaño ;) Saúdos e sorte aos participantes

TRIVIAL MUSICAL - Concerto do 11 de febreiro

Imaxe
En estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 11 de Febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 9 de Febreiro (ata as ...

TÓCAA OUTRA VEZ XAN - IV edición

Imaxe
BASES DO CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS   "TOCAA OUTRA VEZ, XAN"     " A música é una creación humana que expresa emocions humanas e que aplicada ao celuloide, incorpora esa dimensión sobre as personaxes e trasladaas aos espectadores "   Organizado polo ANPA do Conservatorio Xan Viaño, contando ca colaboración do Conservatorio. Pretendemos que participe toda a comunidade educativa (alumnos, profesores, país, nais,...) do Conservatorio que desexen interpretar un tema dunha banda sonora (B.S.O.), cunha duración máxima de 5 minutos. Admítese calquera tipo de formación: solistas, orquestra, cámara, coro... Haberá dúas categorías: Grao elemental e Grao Profesional e un premio para cada unha delas. A interpretación dos temas levarase a cabo na segunda quincena de abril.   O periodo de inscripción é ata o 15 de marzo do 2015. Recollida e entrega do formulario de inscripción en conserxería.