Publicacións

IV CONCURSO DE BANDAS SONORAS "TÓCAA OUTRA VEZ, XAN"

Imaxe
O IV Concurso de Bandas Sonoras " Tócaa outra vez, Xan " organizado polo ANPA foi todo un éxito tanto polo número de participantes -un total de 130 alumnos/as- como de público que estivo  moi entregado ó longo das dúas horas do concerto nun Auditorio cheo.    No seguinte enlace tedes o programa: anverso  y reverso    Había tres categorías : Grandes Agrupacións Grao Profesional Grao Elemental    Todos os participantes do concurso levaron de recordo unha bolsa e un diploma moi chulos. O primeiro e segundo postos ademais un premio en metálico de 100€ e 60€ respectivamente.    A continuación unha mostra do que aconteceu a cargo do  Peque Coro (a música da entrada corre a cargo do Taller de Música Moderna): West Side Story polo "Peque Coro" de Xan Viaño No seguinte enlace podemos disfrutar do video do concurso grazas ao ANPA. Unha bonita lembranza.  Por certo...

AXENDA CULTURAL NARÓN: Os tres porquiños, 10 de mayo

Imaxe
"Unha obra musical con bonecos a tamaño real"   Género : infantil Lugar del espectáculo:  Pazo da Cultura Duración : 50 minutos Precios:  Anticipada : 6.50 € / O día da actuación: 8.00 € Información de la billetera:   Domingo 10 de mayo a las 17:00 h. Público:   Infantil ou familiar ( a partir de 2 anos) +Info :  981 102 897   Máis información: Pazo da Cultura (Narón)

IV EDICIÓN "TÓCAA OUTRA VEZ XAN": venres 24 de abril ás 18:00

Imaxe
Esta tarde ás 18:00 no Auditorio do Conservatorio temos unha cita co cine: Estamos todos convidados

23 DE ABRIL: CURTAMETRAXE "The fantastic flying books"

Imaxe
Para conmemorar o Día do Libro subimos unha preciosa curta grazas á suxerencia dos profesores de piano Loreto Pérez e Santiago Ocampo .     ¿Cal foi o último libro que lestes? ¿Cal estades a ler? Feliz día do Libro

III MESA REDONDA DE MUSICOLOXÍA "XAN VIAÑO"

Imaxe
  Non volo perdades

23 DE ABRIL: COLABORACIÓN CA "CENTRAL LIBRERA"

Imaxe
Co motivo da conmemoración do Día do Libro, o vindeiro xoves 23 de abril na Biblioteca do noso Conservatorio, e ca colaboración do establecemento ferrolán "Central Librera"  haberá unha pequena exposición e venta de libros de temática musical que poden interesar a toda a comunidade educativa.    Piano, Historia da música, ópera...   Libros infantís e xuvenís, guitarra eléctrica, música popular urbana...   Os títulos e prezos son moi interesantes xa que sobre o P.V.P. o establecemento fará un 10 % de desconto. A exposición rematará o mércores 29 de abril.   Esperamos que sexa do voso agrado Feliz Día do Libro :)

OUTRA RECOMENDACIÓN DE ABRIL: LUCAS VIDAL (1984)

Imaxe
 O seu estudo de gravación está en Los Ángeles, ten máis de 14 bandas sonoras para Hollywood e cine europeo e apenas 31 anos. É madrileño e a música sempre estivo na súa vida pois o seu avó foi un dos fundadores de Hispavox . Estudiou cunha beca en Berklee College of Music , licenciouse con Summa Cum Laude e foise a Nova York, onde fixo estudos de posgrado na Juilliard.    Lucas Vidal. Fonte: www.isaachernandez.com/  Ten gravadas máis de 100 sesións con orquestra en Abbey Road Studios, AIR Studios, Praga, Los Ángeles, Kiev, España e outros. Ademais de música para cine tamén ten obras para ballet, colaborando co Boston Ballet.   Actualmente vive en Los Ángeles e divide o seu tempo entre a súa empresa " MUMO " (Music and Motion Productions) e "Chroma" en Venice (Los Ángeles) e Madrid.   Se queredes coñecer máis del propoñemos un enlace a IMDb  onde atoparedes a súa filmografía actualizada e outro...