Publicacións

CONCERTO DIDÁCTICO: PEDRO E O LOBO

Imaxe
O pasado xoves 28 de maio pola mañá o Conservatorio organizou un concerto didáctico con dous pases para escolares no Teatro Jofre.   Representación no Jofre o pasado xoves 28    O ANPA colaborou co Conservatorio levando o decorado da posta en escena e grabando a representación.   Os artistas que fan "Pedro e o Lobo" posible   O vindeiro mércores 3 de xuño poderemos velos no Auditorio do Conservatorio "Xan Viaño" ás 20:30.   ¡Animádevos!

ANPA: CAMISETAS PARA A PEQUE ORQUESTRA

Imaxe
 O xoves 28 de maio pola tarde, o ANPA fixo entrega á Peque Orquestra, dunhas camisetas para todos os seus membros.   Jorge Montes, director da Peque Orquestra,  con Chacho e Carmela, membros do ANPA   Logo: "A Peque Orquestra do Xan Viaño"  

PEQUE CORO: ACTOS DE CONMEMORACIÓN V ANIVERSARIO

Imaxe
  O vindeiro venres 29 de maio ás 17:30 farase a plantación das cinco cereixeiras para conmemorar os cinco anos de vida do Peque Coro.  Así mesmo, o sábado 30, día da grabación do seu CD de recordo, ás 10:45 farase entrega e colocación no vestíbulo do Conservatorio dunha placa en honor ao Peque Coro.  Estamos todos convidados a asistir e participar nos actos.   Saúdos

ENCUENTRO DE MÚSICA Y ACADEMIA DE SANTANDER

Imaxe
   Desde a "Fundación Albéniz"  envían os  avances da programación do “XV Encuentro de Música y Academia de Santander. Cantabria 2015” e o calendario do “XVIII Concurso Internacional de Piano de Santander”.    XV Encontro de Música e Academia   Avance de calendario 2015    A información contida na documentación está suxeita a cambios polo que recoméndase consultar a programación na prensa diaria local mais en: www. encuentrodesantander .es    e www.concursodepianodesantander.com    Para cualquera información adicional ou dúbida:   Marta Ruiz Rodríguez Fundación Albéniz Santander Concurso Int’l de Piano de Santander Administración Hernán Cortés 3 - entlo. 39003 - Santander  (España) Tlf: +34 942 311 451      Fax: +34 942 314 816 santander@albeniz.com www.fundacionalbeniz.com www.concursodepianodesantander.com

CURSO DE INTERPRETACIÓN CORAL: DAVID AZURZA, 15-17 DE MAIO

Imaxe
 O curso de interpretación coral impartido por David Azurza entre os días 15 e 17 de maio e organizado por Teresa Castrillón Díaz (Xefa do Departamento de Linguaxe Musical) foi todo un éxito.  Había dous categorías para inscribirse nel: a de coralista, na que participaron 50 nenos e nenas e a de interpretación na cal inscribíronse una ducia de mestres.  O resultado deses tres días de curso puidémolo disfrutar o domingo ao mediodía, cun pequeno concerto dos participantes e dirixido por David Azurza. Cóntannos que o público gozou moitísimo e incluso foron partícipes cun dos temas que cantaron seguindo as indicacións de Azurza.   Dous momentos da actuación    O acto rematou coa entrega duns preciosos detalles tanto a David Azurza como a Alexandra Pita (pianista acompañante). A continuación subimos un video con un tema do concerto editado polo ANPA: " Mantxakun "

PEQUE CORO: CONCERTO V ANIVERSARIO

Imaxe
 O pasado 7 de maio ás 19:00 no Auditorio do noso Conservatorio tivo lugar o concerto que deu o Peque Coro polo seu quinto aniversario.     Página oficial do Peque Coro    Comentaremos que o Auditorio quedouse pequeno para todo o público que asistiu e que foi moi emotivo. Ao longo do programa foron acompañando ao peque coro -ademais do piano de Alexandra Pita- antigos peque coristas cos seus instrumentos. Case ao final do concerto, a súa directora tiña unha sorpresa para todo o Peque Coro pois os profes subiron ao escenario e cantaron xunto con eles " The sun is shining ", unha canción moi especial para o coro.   A continuación colgamos un par de videos editados para a ocasión polo ANPA: primeiro o tema " Can you hear me?" de Bob Chilcott, unha peza moi coñecida no mundo coral que fala dun neno xordo que se comunica con nós a través do movemento das súas máns, con acenos; a continua...

TMM EN CONCERTO: Xoves 21 ás 20.00

Imaxe
  O rincón anuncia algo importante: tralo seu primer posto no IV Concurso de Bandas Sonoras volve TMM   21 de maio ás 20:00 Audición no Xan Viaño 29 de maio ás 12:00 Trasancos / Telleiras     Estamos todos invitados