Publicacións

CONCERTO PARA TERE, 12 de xuño

Imaxe
  Teresa e os seus alumnos   O pasado día 12 de xuño tivo lugar no noso centro a despedida de nosa querida compañeira Teresa que xubílase tras unha vida dedicada á docencia. Alumnos, compañeiros, antigos alumnos mais a ANPA xuntáronse para facer un concerto dedicado a ela para agradecela a súa labor tanto no eido profesional como no persoal, porque faise querer e querémola moito.   No seguinte enlace tedes o programa:  Presentación   Todos os momentos do concerto foron especiais e como mostra este: antigos alumnos de Tere no escenario. Como dixo a representante da ANPA " algo debiches de facer pero máis que ben".   "El grupo que veis aquí arriba lo formamos antiguos alumnos de Tere (...). Algunos somos compañeros, otros se han dedicado profesionalmente a otras cosas pero hemos querido juntarnos hoy porque lo que nos une a todos los que estamos aquí es el hecho de haber pasado por las manos y el piano de Tere. Po...

CONCERTO BANDA GRAO PROFESIONAL E CORO, do 9 de xuño

Imaxe
Programa: Programa1  y Programa2 Comezou o concerto co Coro de Profesional, dirixido por Catuxa, acompañado ao piano por Alexandra. Os temas, todos eles pequenas xoias da música (Valderrábano, Sermisy, Purcell...). O último tema " Halelujah " de Leonard Cohen foi interpretado xunto cos integrantes do TMM: Audio: TMM e Coro de Profesional, Hallelujah Video  Despois deuse paso á Banda de G.P. dirixida por Oscar. Interpretaron temas igual de interesantes e faremos mención das dúas solistas: * O  Concerto nº 1, Op. 11 de trompa (1º mov.) de Strauss Concerto de Trombón (1º mov) de Rimsky-Korsakov foi dirixido por Paco con Mónica García á trompa.:   * O C o ncerto de Trombón (1º mov.) de Rimsky-Korsakov tivo a Rita Fernández como solista:   O tema " A Arca de Noé " foi dirixido por Marcos:   A concerto chegou á súa parte final actuando xuntos o Coro e a Banda. Aplausos a...

O NOSO ANPA, ESES ARTISTAS

Imaxe
O noso ANPA. De esquerda á dereita: Carmela, Marije y Chacho. Ao longo do curso "O rincón do compositor" foi cambiando. A continuación tedes todos os enlaces coas páxinas do blog:   - VERDI - DÍA DA MÚSICA - MARIN MARAIS - MOZART - BEETHOVEN - TCHAIKOVSKY - MENDELSSOHN - PAGANINI - VIVALDI - BACH - Ofrenda floral a XAN VIAÑO - Bandas sonoras: JOHN WILLIAMS - O PEQUECORO fai 5 anos - Día das LETRAS GALEGAS - TMM en concerto    Desde o día 4 de xuño o ANPA creou un novo e derradeiro recuncho. Nel atoparedes un memorándum con todas as actividades feitas ao longo deste curso académico. Se queredes podedes clicar no seguinte enlace para consultalo e/ou descargalo: Memoria de actividades: ANPA 2014-2015    Tamén hai un cartel que anima aos pais, nais e titores a facerse socios cos impresos que cómpre rechear e información sobre o " banco de libros " xestionado polo ANPA.

ANPA: DOAZÓN DE LIBROS

Imaxe
   Temos novas incorporaciones na biblioteca en "Literatura Musical " (LI.MU)  (Ergonomía) gracias ao ANPA: - Herrigel, Eugen: Zen en el arte del tiro con arco (LI.MU 1,*R 5422) - Martín López, Tomás: Cómo tocar sin dolor (LI.MU 91, *R2043) - Bencivelli, Silvia: Por qué nos gusta la música (LI.MU 92, *R2044) Xa están catalogados e disponibles para o seu empréstito.   Un saúdo

O PEQUE CORO: NO BICO UN CANTAR

Imaxe
  O pasado venres 5 de xuño o " Peque Coro " participou na tercera edición de " No bico un cantar ", un impulso que desde 2013 a Consellería estalle a dar ao mundo coral infantil. Cada edición está dedicada a un poeta galego ilustre: hai tres anos estivo dedicada a Rosalía de Castro, o ano pasado a Curros e este ano o poeta elixido foi Ramón Cabanillas.    A viaxe comenzou o pasado día 5 de xuño venres, ás 8:40 horas, partindo  a expedición desde noso conservatorio en dous buses. Acompañaron ao " Peque Coro " Paco, Marcos, Begoña, Sonia, Catuxa e Alexandra.  O ANPA fixo un DVD para a viaxe co cal poideron disfrutar da representación de " Pedro e o Lobo ", así como do concurso integro de Bandas Sonoras e a celebración das Letras Galegas; así pasaron a viaxe moi acomodadiños.   A chegada a Cambados foi sobre a hora prevista -as 10:30 horas-, e levaronlles ao "Salón de Peñas"  on...

FONDOS DE ERGONOMÍA

Imaxe
Este curso 2014-2015 algúns profesores fixeron un curso organizado dentro dos Itinerarios de formación no Conservatorio sobre " Biomecánica postural e ergonomía na interpretación musical ".  A súa coordinadora foi Patricia Castro, a nosa profesora de fagot.   Dentro das diferentes actividades fíxose un vaciado do material que temos na biblioteca referente ao tema. Subímolo ao blog por si puidera ser de voso interese:   Cirujeda Dalia, Guillermo, El músico: una introducción a la psicología de la interpretación musical ( LI.MU 27, *R3843 ) Garaigordobil Landazabal, Maite, U n instrumento para la evaluación-intervención en el desarrollo psicomotiz , Colección música arte y proceso ( LI.MU 38(6), *R1672 ) Klöppel, Renate, Ejercitación mental para músicos , Idea música ( LI.MU 48, *R1683 ) López de la Llave, Andrés, Psicología para Intérpretes Artísticos ( LI.MU 46, *R1679 )   Lysebeth van, André, Aprendo Yoga , Urano vintage ( T.D.13 *...

PEDRO E O LOBO: 3 de xuño no Conservatorio

Imaxe
Despois da súa representación no Jofre, o Concerto Didáctico "Pedro e o Lobo " visitou o conservatorio o pasado 3 de xuño e ¡tamén foi todo un éxito!. O Auditorio estaba cheo con moitos nenos dentre 5 e 12 anos.   Desexamos que veñan moitos máis proxectos como este. Xenial compañeiros. Noraboa.