Publicacións

TRIVIAL MUSICAL, 9 de xaneiro 2017

Imaxe
 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro   luns 9 de xaneiro . Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.     A data límite para recibir os vosos correos é o 20 de decembro martes   (ata...

REVISTAS MELÓMANO E AULA DE SECUNDARIA

Imaxe
Disponibles xa para lectura en sala:   Melómano nº 225    Aula de Secundaria nº 20 Un saúdo desde biblioteca

CONCERTO DA SOCIEDAD FILHARMÓNICA FERROLANA

Imaxe
http://www.filarmonicaferrolana.es/   Desde a Sociedade Filarmónica Ferrolana envían o cartel do vindeiro concerto e lémbrannos que as entradas están a vosa disposición na forma habitual na taquilla do "Teatro Jofre" e o mesmo día do concierto pola tarde tamén no Auditorio.   Lembrade que tedes ata mañá las 10:00 para participar no noso concurso Trivial Musical onde podedes conseguir unha entrada gratis a este concerto grazas á Sociedade Filarmónica.   Un saúdo

A MÚSICA AMOROSA DAS PALABRAS

Imaxe
Fonte: Fundación Manuel María a través de Bibliotecas escolares   "O xoves 15 de decembro, ás 20 hrs , no teatro Colón da Coruña a Casa-Museo Manuel María porá por todo o alto o ramo ao fecundo ano das Letras Galegas para Manuel María. Os versos do poeta terán de novo o cálido acompañamento musical de tres grandes músicos da música galega actual, Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández. O concerto, que leva por título A música amorosa das palabras , pon final ás actividades que este ano, aproveitando a efeméride, se foron desenvolvendo desde a Casa-Museo para difundir a obra de Manuel María entre o máis amplo público posíbel. A entrada é de balde até completar o aforo, mais é preciso retirar o billete-invitación na billeteira do teatro o mesmo día 15 en horario de 12 a 14 hrs e de 17 a 20 hrs."   Esperamos que sexa de voso interese. Un saúdo  

NOVIDADES TEÓRICAS

Imaxe
  Desde o enlace a OPAC podedes consultar a súa localización e se están disponibles.   Enlace: OPAC

NOVIDADES: FONDOS DE PIANO

Imaxe
Desde comezo de curso estamos a catalogar novos fondos de piano. Ademais dalgúns fondos para piano só ( PI.S ), a mayoría son exercicios e estudos ( PI.E ) ou métodos en diferentes volúmenes por niveis moitos deles con CDs como material anexo ( PI.M ). No enlace de abaixo coa OPAC poderedes consultar se están disponibles e a súa localización na biblioteca.   Enlace: OPAC  

I XORNADAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA

Imaxe
   Desde a biblioteca facémonos eco destas Xornadas pola inclusión:   Venres, 9 de decembro, 19:00 horas. Ateneo Ferrolán